sábado, xuño 02, 2012

Fene: Un acordo tácito entre PP e PSOE permite a aprobación do orzamento - BNG: "O PP de Fene prioriza o pago aos bancos fronte á creación de emprego coa axuda do PSOE"

Tags

O PP de Fene prioriza o pago aos bancos fronte á creación de emprego coa axuda do PSOE
Un acordo tácito entre PP e PSOE permite a aprobación do orzamento

O goberno local de Fene, dirixido polo popular Gumersindo Galego, aprobou o orzamento para 2012 no pleno do pasado xoves 31. O BNG e IU, con seis votos en contra, fixaron a súa posición como moi crítica coas contas peresentadas polo PP, que avanzaron grazas á abstención do PSOE, quen unha vez máis, lle permite sacar adiante o segundo orzamento municipal ao PP.

O orzamento de Fene, igual que o do resto dos concellos, está moi afectado polas imposicións e improvisacións do goberno do estado en materia económica. As normas impostas polo PP a nivel estatal dificultan moito facer cousas, pero o PP de Fene, vai máis alá do imposto. Por exemplo, pediu obrigado polo estado un crédito ao ICO a un 6,5% en novembro, para pagar facturas da  época de goberno socialista de plena precampaña de 2011. Pois no orzamento de 2012, o PP inclúe unha amortización adicional de 124.000 que non tiñan por que pagar ata 2013. Con esta partida poderíanse ter creado 4 przas de peón so servizo de recollida do lixo durante un ano.

Canto á estructura do orzamento, vense reducidos os investimentos, a pesar de que se incrementan os ingresos en 450.000 pola subida do IBI nun 6%, e  polo incremento das Participacions do estado. Prevese investir uns 500.000 euros, case todo comprometido de Plans de Obras de anos anteriores, que supoñen o orzamento máis baixo para obras dos últimos 15 anos.

En canto aos  gastos, redúcese o gasto de persoal, amortizanse 5 postos  de traballo e incrementan o gasto corrente no Cap. II, que son empresas e servizos subcontratados. Existe un incremento moi importante do gasto financieiro para o pago de intereses e capital dos prestamos que ten pedido o concello.

O orzamento non foi contrastado co movemento asociativo, e consigna subvencions nominativas para actos concretos sen falar coas entidades subvencionadas.

Recortes en servizos sociais

Ademais, o Concelleiro de Facenda minte cando di que amplía a partida de dependencia, cando na realidade, a Xunta de Galiza ten bloqueadas as altas no servizo atención á dependencia e o único que fan e recoller o que se fixo en 2011, que é o que subvenciona a Xunta neste programa.

A posicion do BNG é  en contra porque apostamos pola creacion de emprego, a formacion, a promoción económica e o reforzo dos servizos sociais, moi lonxe do proxecto popular.

Acordo tácito PP-PSOE

Ao igual que sucedera no exercicio anterior, o PP e o PSOE teñen un acordo tácito. O PSOE permite a aprobación do orzamento do PP e este soluciona varios problemas herdados do PSOE, como por exemplo, o Concurso de tapas do ano pasado ou o proxecto da rede WIFI, que están sen pagar  e figuran neste orzamento.

Fene, 1 de xuño de 2012

Web BNG Ferrolterra:

http://www.bng-galiza.org/opencms/opencms/BNG/ferrolterra/seccions/portada






Enviado por:
Novas BNG Comarca Ferrolterra
-sedenacional@bng-galiza.org-
2 de junho de 2012 03:03

______________

1 comentarios so far

O Partido Popular goberna Fene por que así o quixo o BNG


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon