venres, xuño 22, 2012

Modificación da Ordenanza sobre Terrazas e ocupación de espazo Público e Participación Cidadá - Noite Meiga do San Xoán en Esteiro


Terceiro Mensaxe Orixinal enviado pola -avesteiro@galicia.com-, con data de 22.06.2012 08:36, para jmvilarino@ferrol.es, maneiros@ferrol.es, alcaldia@ferrol.es, sobre a Modificación da Ordenanza sobre Terrazas e ocupación de espazo Público:

Polo que se pode ver na foto que hoxe publica La Voz de Galicia a privatización do espazo público, a prezo de saldo, vai ser a base da nova Ordenanza, se non é así , como se permite esa instalación e por que non se convoca a todo o tecido asociativo ,especialmente as asociacións  de discapacitados, para que amose a súa opinión antes de que a Ordenanza vaia a Pleno?.

Ninguén se opón a que se autorice a instalación de terrazas para a hostalería, pero o espazo público ten que ser xestionado de maneira que convivan os intereses empresarais co dereito da cidadanía en canto o disfrute dese espazo público


***

Segundo Mensaxe Orixinal enviado por -avesteiro@galicia.com-, con data de 20.06.2012 8:40, para -jmvilarino@ferrol.es-, para maneiros@ferrol.es, alcaldia@ferrol.es, gevia@ferrol.es, alantry@ferrol.es, sobre a Modificación da Ordenanza sobre Terrazas e ocupación de espazo Público:

Unha vez máis reiteramos que a ocupación e ordenación do espazo público non é un tema que afecte exclusivamente aos hostaleiros e a súa actividade comercial.

A Participación Cidadá esixe que o tecido asociativo da cidade sexa informado e escoitado, antes de levar Novas Ordenanzas ao Pleno Municipal.

Ou é que so se nos quere deixar o dereito a formular alegacións cando, logo da aprobación inicial no Pleno, se abra o prazo para formulalas.

Levamos desde o mes de marzo demandando que se convoque a todo o tecido asociativo a unha presentación da Nova Ordenanza, sen que ata o de agora se teña formulado esa convocatoria, que si se fai cos Empresarios da Hostelería.
    
Agardemos que non se pretenda poñer por riba da cidadanía de Ferrol, como está ocorrendo na práctica diaria das terrazas, os intereses empresariais do sector da Hostalería.


***

Primeiro Mensaxe Orixinal enviado por -avesteiro@galicia.com-, con data de 21/03/2012 11:02, reiterado o 10/04/2012 19:58, 22/05/2012 9:39, para -jmvilarino@ferrol.es-, maneiros@ferrol.es, alcaldia@ferrol.es, gevia@ferrol.es, alantry@ferrol.es, sobre a Modificación da Ordenanza sobre Terrazas e ocupación de espazo Público:

Modificación da Ordenanza sobre Terrazas e ocupación de espazo Público

O Concello de Ferrol está elaborando unha nova Ordenanza sobre a instalación de Terrazas e ocupación de espazo Público, que conta co informe favorable das Concellerías de Facenda e Urbanismo.

Dita ordenanza está sendo consensuada coa Asociación de Empresarios de Hostalería de Ferrol.                 
                    
Agardamos que, tendo en conta o Regulamento de Participación Cidadá, se teña en conta a todo o tecido asociativo de Ferrol, asociacións veciñais, socio sanitarias, de discapacitados, etc, e se lles convoque a unha xuntanza para presentarlles o novo Proxecto de Ordenanza e para que fagan as oportunas alegacións que consideren necesarias.

Haberá que conxugar os intereses dos empresarios de Hostalería cos do resto da cidadanía e logo poñer os efectivos necesarios da Policía Local para facer que esa Ordenanza se cumpra, cousa que na actualidade non sucede.

                    
Xunta Directiva da AV de Esteiro


Local Veciñal:
Rúa Fernando VI,
Bloque I baixo
Ferrol -15403
Telef. 981933223
avesteiro@galicia.com
http://avesteiro.blogspot.com/

Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
22 de junho de 2012 08:36

______________

Noite Meiga do San Xoán en Esteiro

Achegamos información dos actos da Noite Meiga de San Xoán en Esteiro, organizados pola a AV de Esteiro e patrocinados polo Concello de Ferrol.
        
A fogueira de Esteiro está declarada como institucional polo Concello e onte rematamos a súa construcción, logo do traballo de 10 persoas durante unha semana, con 35 toneladas de madeira , 7 metros de altura e 10 de diámetro (pódese comprobar in situ) que será acendida pola Concelleira responsable da Área de Cultura, Dona Susana Martínez Galdós, , previa lectura do pregón pola Concelleira de Barrio, Dona Martina Aneiros.
        
A fogueira de Esteiro ten máis de 100 anos de tradición e desde o ano 2001 é organizada pola AV de Esteiro.
        
Queremos facer unha especial mención, dentro do programa de actos, co roteiro guiado polo Barrio de Esteiro que partirá da Praza de Santo Amaro, xunto á Policía, ás 18 horas e que permite dar unha dimensión totalmente distinta, mesmo descoñecida para a veciñanza, de como é o barrio de Esteiro e os moitos espazos que hai para resaltar. A guía profesional que acompaña o roteiro fai que esta hora sexa inesquecible, froito do seu bo facer.
        
Esta visita remata no Cuartel de Dolores e no Conxunto Monumental de Fontelonga a onde se chega logo dunha hora de percorrido polo Barrio. Unha vez alí tamén un guía amosará a beleza e a historia do Cuartel e de Fontelonga.
        
Haberá actuacións do Grupo Folcklórico Donas e Galáns que percorrerá o Barrio a partir das 18 horas e despois o grupo "Los Zares" amenizará a verbena que complementa a Sardiñada.
        
A sardiñada é organizada,  exclusivamente, pola AV de Esteiro e supón un grande esforzo de traballo (máis de 20 persoas traballando moitas horas) de conseguir as sardiñas, o que non é doado, e de ofrecelas asadas, con pan viño ou auga, baixo unha carpa e o son da música por 3 sardiñas 1 EURO.
        
Estamos seguros que malia dispor de 2800 euros do orzamento das Festas de Ferrol, será unha programación absolutamente digna (seguramente cometeremos erros  que saberedes desculpar).
        
O tren turístico do Concello de Ferrol partirá da Praza de Armas e levará, de maneira gratuíta, a todos aqueles que queiran visitar o Cuartel de Dolores e o Conxunto Monumental de Fontelonga, entre as 11 e 13 horas e as 18 e 20 horas.

A estes actos do sábado 23 de xuño, convidamos ao Alcalde e a todos os grupos municipais e, por suposto a toda a cidadanía de Ferrol e comarca.
        
A Fundaçom Artabria e hostaleiros do Barrio tamén programan actividades complementarias polo que a Noite máis longa do ano, sen menospreciar o traballo das entidades doutros barrios,  hai que vir celebrala a Esteiro. Onde como tódolos anos milleiros de persoas, estamos seguros, que disfrutarán dunha tarde e tamén da noite que no climatolóxico se presenta excelente e no apartado da festa non vai desmerecer.
        
Xunta Directiva da AV de Esteiro

Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
22 de junho de 2012 09:39

_________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon