mércores, xuño 06, 2012

O Supremo anula o cambio do PXOM de Mugardos que amparou a Reganosa O Concello aprobou fai apenas dous meses a revisión do plan xeral para blindar a regasificadora . "A sentenza non cuestiona a legalidad da planta", sostén, o alcalde do BNG, Xosé Fernández Barcia

Tags



O Tribunal Supremo acaba de anular a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) aprobada en 2003 pola que o Concello de Mugardos amparou a concesión das licenzas de Reganosa. A sentenza do Supremo ratifica así o fallo dictado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) en 2008 e desestima o recurso de apelación presentado por Reganosa ao esixir unha declaración de impacto ambiental que non incluíu a revisión urbanística de fai nove anos. Pero na práctica, o auto do Alto Tribunal non se traduce en parón algún da actividade na planta de gas nin na execución de obras ou cambios de uso, segundo fontes xudiciais, xa que a raíz da sentenza do TSXG o Concello de Mugardos promoveu a finais de 2010 unha nova modificación do PXOM que somete a Reganosa a unha avaliación ambiental para así blindar a regasificadora levantada na ría de Ferrol.

"O Supremo non cuestiona a legalidade da planta, senón o procedemento", expón o alcalde de Mugardos, Xosé Fernández Barcia. O Alto Tribunal, segundo explica o rexidor, entende que o Concello debeu facer na modificación do PXOM en 2003 unha declaración de impacto ambiental a raíz do cambio da normativa estatal en 2009, que así o esixe.

"Pero ese traballo xa o fixemos", apunta Barcia, en relación á aprobación fai apenas dous meses no pleno municipal da declaración de impacto ambiental da planta de gas. "Con esta nova modificación do plan de ordenación municipal cúmprense todos os requisitos, xa non queda a máis mínima sombra de dúbida", sentencia o alcalde de Mugardos, que augura que nun prazo de 15 a 20 días, a avaliación ambiental terá o visto bo definitivo da Xunta.

Desde Reganosa, eludiron pronunciarse sobre a sentenza ditada polo Supremo.

Proceso

Foi en setembro de 2010 cando o Concello de Mugardos iniciou os trámites para modificar o seu PXOM co obxectivo de que Reganosa se adaptase á normativa ambiental para así cumprir co plan estatal de ampliación de produción e aprobar medidas de control de riscos de accidentes graves na contorna da planta de gas. Esta modificación supuxo na práctica blindar a Reganosa ante unha sentenza como a que acaba de ditar o Tribunal Supremo e que ratifica o fallo de 2008 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) pola cal se anulou a anterior modificación do plan xeral de 2003.

Para evitar que o fallo ditado finalmente polo Supremo deixase a regasificadora da ría de Ferrol fóra de ordenación -o que supón a prohibición de obras maiores e cambios de uso e carrexaría unha desvalorización da fábrica- tomou medidas preventivas.

Varias entidades veciñais presentaron un recurso contra a aprobación da modificación de 2003 e o TSXG deulles a razón en 2008 ao entender que ese cambio puntual do PXOM non incluía a declaración de impacto ambiental, un trámite que os xuíces consideraron imprescindible xa que o obxectivo era permitir que ese chan clasificado xa como industrial permitise almacenar gas. Por iso, o Concello de Mugardos púxose a traballar a finais de 2010 para substituír o plan anulado por outro novo e tramitou a avaliación de impacto ambiental. Finalmente, a modificación do PXOM foi aprobada nun pleno celebrado o pasado mes de abril cos votos a favor de BNG, PP, PSdeG e o voto en contra de Esquerda Unida.

Os colectivos que promoveron as denuncias sobre a legalidade de Reganosa teñen previsto analizar hoxe en roda de prensa o contido da sentenza, que ao seu xuízo si cuestiona a legalidade da planta de gas na ría de Ferrol.

Escrito por R. PRIETO en "La Opinión de A Coruña" | 06.06.2012

_________________

1 comentarios so far

http://galiciaconfidencial.com/nova/10682.html?pag_com=1#comentarios


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon