mércores, xuño 27, 2012

A rapazada de Chapela, ao rescate da lingua galega - Escrito por Dioivo - Vídeo - Lipdub



Alumnos, mestres, persoal non docente, pais e nais, veciñas e veciños... En total unhas catrocentas persoas participaron o pasado 5 de xuño no IES de Chapela na gravación dun Lipdub que onte luns foi presentado publicamente e que é, sobre todo, unha inxección de alento para a lingua galega. Ironía, entusiasmo e mocidade logran nesta montaxe resucitar o idioma de Galiza e rescatalo do departamento de linguas mortas para asegurarlle un futuro que ten como banda sonora o I will survive, de Gloria Gaynor.

Eu falarei! é o nome do lipdub, concibido e realizado no IES de Chapela (Redondela), e que é, segundo os seus autores, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega dese centro, "un canto de amor en defensa da Lingua Galega, mais tamén é unha denuncia da situación que vive un idioma que esmorece lentamente vendo recortada a súa presenza nos medios de comunicación ou na propia escola, e que día a día perde falantes entre a xente nova". Con feitío de curtametraxe, moito humor e unha visión realista, pero ao tempo positiva e vitalista do futuro da lingua galega, o lipdub Eu falarei! anda desde xa pola rede coa súa carga de entusiasmo viral, que escribe un futuro novo para o idioma de noso. Aquí fica o vídeo.



http://youtu.be/AerLPRrnIaA


Fonte: Dioivo.

Creative Commons 2012 Dioivo. BY-NC-SA 2.5.
Licenza CC

AVANTE COA LINGUA GALEGA!
Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Chapela
Chapela, 25 de xuño de 2012
http://oberete.blogaliza.org

Audios empregados:
"Behind the murderer" de Opusvertigo
Versión instrumental do "I will survive" de Gloria Gaynor

Publicado en 25.06.2012 por
__________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon