Hoxe, 7 de Xuño, pasadas as once e media da mañá unha numerosa representación de asociacións do mundo da cultura, comparecían ante os medios, para dar unha rolda de prensa, nos soportais do Teatro Jofre, onde se presentou un Manifesto das Asociacións Culturais de Ferrol. Guillermo Ferrández, foi a persoa que deu lectura ao manifesto unitario. Nunas declaracións posteriores no final do acto reiterou a súa idignación polo que está acontecendo no eido da cultura nesta cidade na que se multa a quen reivindica a figura de de Ricardo Carvalho Calero e policía municipal golpea a usuarios da biblioteca pública.
Ante a actitude despreciativa e de rexeitamento, mostrada polo Concelleiro de Cultura, Manuel-Reyes García Hurtado, hacia as distintas asociacións culturais de Ferrol, concedendo entrevistas a horas intempestivas (7:00 e 8:00h) e mostrando, en ditas entrevistas, unha actitude nada dialogante, todo o contrario ao que debería ser nun cargo político elexido democráticamente pola cidadanía, as Asociacións Culturais de Ferrol, de tódolos ámbitos da cultura, vímonos obrigados a facer unha autoconvocato-ria de reunión, a que asistiron a case totalidade das asociacións locais, para tratar sobre este tema. En dita reunión, todos os presentes, coíncidiron no mesmo análisis.
É polo que nesa reunión, acordouse elaborar un Manifesto de repulsa da política cultural municipal e que sería sometido á corrección das distintas asociacións e posteriormente apoiado e firmado pola gran maioría.
MANIFESTO DAS ASOCIACIÓNS CULTURAIS DE FERROL
Ferrol, 7 de Xuño de 2012
Considerando a cultura, e mais en tempos escuros como os que estamos a vivir, como o medio polo cal as persoas e os pobos que habitan o mundo, fan posíbeis os días.
Considerando que só a través da cultura é posible enchermos de sentido a vida, achamos absolutamente evidente o papel esencial das Asociacións Culturais.
Por iso cumpre te-las en conta, respeitá-las, considerá-las á hora de deseñar a vida cultural, neste caso dunha cidade, deseño que xamais poderá ser somente un traballo burocrático, falando da vida como falamos, e sempre enraizado na base desta sociedade.
Isto só o poden levar cabo as Asociacións Culturais.
É por todo isto, polo que se nos fai intolerábel a caprichosa deriva cultural da que fai gala a Concellería de cultura da nosa cidade, e obrando en consecuencia, o conxunto das asociación culturais de Ferrol manifestamos a nosa preocupación pola incompetencia inusual do edil de cultura, á hora de desenvolver unha política cultural que recolla o sentir da cidadanía, representada en grande medida polas diferentes asociacións de sobrada e recoñecida traxectoria na nosa cidade.
O intento do concelleiro de deprestixiar o tecido asociativo cultural ferrolá no é máis do que unha manifestación da profunda iigorancia dun home que non sabe trazar as liñas mestras do camiño da cultura na nosa cidade e tenta facer valer o lema despótico de que “A Cultura son eu”.
A cultura cidadán fai parte dos sinais de identidade dun pobo e a través dela conservan-se en moitos casos as tradicións e os costumes do mesmo. Por iso a desconsideración e o desprezo da Concellería de cultura cara as nosas actividades é ben preocupante e lamentabel.
O profundo deterioramento das relacións entre o asociacionismo cultural e o edil de cultura, fai necesaria a figura dunha persoa técnica en cultura, que facilite o diálogo e sexa quen de canalizar as distintas inquedanzas culturais da cidadanía.
De non ser así pensamos que a ruptura poderá ser definitiva e daría-se o caso, por vez primeira na democracia, que un goberno municipal non escoitase o sentir popular á hora de deseñar a súa política cultural.
Esiximos, portanto, a restauración do diálogo das Asociación co Concello a través de técnicas/os en cultura e reprobamos a conduta anti-democrática, impropia dun concelleiro, que oculta a súa incapacidade por trás de xestos autoritarios que sen dúbida, avergoñan a quen os escoitar.
Non obstaculizar as súas iniciativas, facilitar os medios e os instrumentos necesarios para facer realidade os proxectos é unha das funcións que as institucións deben asumir. Manter un dialogo permanente, escoitar-nos.
Estes e non outros son os motivos deste manifesto que subscribimos as asociacións da cidade de Ferrol que a seguir detallamos:
A.C. LEFRE DE CALDERETA
A REVOLTA DE TRASANCOS COLECTIVO SOCIOCULTURAL
ASOCIACION AMIGOS DO TEATRO JOFRE
ASOCIACIÓN BARTOLETA
ASOCIACIÓN CULTURAL CONXEITO
ASOCIACIÓN CULTURAL O MAXOLO
ASOCIACIÓN FUCO BUXAN
ASOCIACIÓN LENDO POESÍA (POESÍA SALVAXE)
ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL LÓPEZ BOUZA
ASOCIACIÓN TEATRAL ESTUDIO DE TEATRO N+1
ASOCIACIÓN TEATRAL MAX TEATRO
ATENEO FERROLAN
CLUBE DE PRENSA
COLECTIVO OPAII - RÁDIO FILISPIM
FUNDAÇÓM ARTABRIA
LICEO RUBIA BARCIA
MAQUINARIAS TEATRO
Enviado por:
Asociacións Culturais Ferrol
-asocculturaisferrol@gmail.com-
7 de junho de 2012 12:34
________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon