xoves, xuño 21, 2012

Saneamento da Ría: Solución ou deixación? - O BNG explica o seu voto nos concellos de Narón e Ferrol - O voto do BNG non é un voto en contra do saneamento da Ría, se non que é un voto en contra do convenio proposto polo PP


Ferrol e Narón, 19 de xuño de 2012. Nestes días pasados, os Plenos dos concellos de Ferrol e Narón daban luz verde ao 'Convenio para a construción e explotación da actuación “Interceptores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol” e Protocolo de Colaboración para o desenvolvemento da actuación “Interceptor xeral da marxe dereita da ría de Ferrol: Tramo Cadaval-Neda”', cos votos en contra dos representantes do Bloque Nacionalista Galego.

Compre aclarar que:

O VOTO DO BNG NON É UN VOTO EN CONTRA DO SANEAMENTO DA RÍA, SE NON QUE É UN VOTO EN CONTRA DO CONVENIO PROPOSTO POLO PP.

PORQUE…

1. Os veciños e veciñas de Ferrol e Narón van ter que financiar unha obra  que é competencia do Estado, por ser esta declarada de interese xeral por lei, mentres o Estado non pon nin un euro.

O financiamento proposto é o seguinte:  80%: Europa; 10%: Augas de galiza; 10% Concellos de Ferrol e Narón, sendo esta parte a que debería financiar o goberno central.

2. Aceptando o convenio proposto, estariamos a aceptar que o 10% mencionado anteriormente, que son 3,7 millóns de euros,  se convirtan en 15 millóns no ano 2060, o cal para o BNG roza a usura.

3. Non se trata dunha obra nova se non que, en grande parte,  trátase de  rehabilitar ou substituir: o interceptor xeral existente (dende finais dos anos 90), en función do estado de conservación do mesmo e da súa capacidade hidráulica e rehabilitar ou executar os bombeos necesarios ao longo do trazado do interceptor xeral.

A obra indicada xa foi financiada no seu día por Europa e as partes  propoñentes do convenio deixan claro que non asumirán máis custos dos reflectidos no texto do convenio entón…. vai pagar Europa dúas veces a mesma obra? Quen vai ter que asumir a parte que lle correspondería no caso de rexeitar o financiamento?

4. O Concello de Ferrol aprobou un convenio que en Narón estaban a revisar e, finalmente, Narón aprobou un texto distinto ao de Ferrol. Cal é o que vale?

As aportacións feitas ao novo texto aprobado no Concello de Narón, das que participou o BNG activamente o BNG foron:
a.A sinatura dun protocolo de colaboración para o desenvolvemento da actuación “Interceptores Xerais da marxe dereita da Ría de Ferrol: tramo Cadaval-Neda”, o que demostra que o Saneamento da Ría non era o principal obxectivo do PP.

b.A inclusión da posibilidade de realización de pagamentos por parte dos Concellos que terían a consideración de tarifas anticipadas, coas que se iría amortizando a débeda anticipadamente, co conseguinte aforro económico para a veciñanza.

c.Que a xestión corra a cargo dos Concellos, o que suporía tamén un importante aforro para Ferrol e Narón.

Non obstante, e alén das introducións sinaladas, que poderíamos cualificar como melloras substanciais:

1. O Estado segue sen poñer un euro.

2. O protocolo asinado é simplemente unha declaración de intencións, sen investimentos nin prazos de execución.


Web BNG Ferrolterra:

http://www.bng-galiza.org/opencms/opencms/BNG/ferrolterra/seccions/portada


Enviado por:

Novas BNG Comarca Ferrolterra
-sedenacional@bng-galiza.org-
20 de junho de 2012 03:04
_________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon