mércores, xullo 11, 2012

Ataque frontal do goberno español contra a Clase Traballadora - Vídeo da intervención de Rajoy no Congreso 11.07.2012

Tags


O presidente do goberno español, Mariano Rajoy Brey, do dereitista Partido Popular -PP, na comparecencia ante o Parlamento Español, que se está desenvolvendo no transcurso desta mañá -11 de Xullo de 2012- no Congreso dos Deputados, despois dun relatorio de como está a situación económica -á que nos levaron eles (Os gatos Brancos, Negros e Rosados da fábula 'Parlamento de Ratos' (Mouseland) de Tommy Douglas, os banqueiros, corruptos e especuladores de toda caste, anunciou unha batería de medidas do chamado "axuste", en parte consecuencia, din, dos acordos do Consello Europeo, do pasado cume de Bruxelas, que ataca a liña de flotación do constitucional chamado "Estado Social e de Dereito", dixo que non eran "agradables", mais si "imprescindíbeis". Pretenden recortar no "Estado Social" máis de 65.000 millóns de euros en dous anos e medio. Despois das medidas que xa levamos soportando, repagos, recortes, desmantelamentos, privatizacións, e nos últimos días o desmantelamento do sistema de axudas á dependencia. Sendo sempre as persoas máis pobres as afectadas. O goberno dereitista Tamén vai recortar en democracia, ao propor eliminar o 30% dos concelleir@s.

Segundo as axencias de noticias, as medidas, concretan-se en:
  • Modificación da prestación por desemprego: seguirá durando un máximo de 24 meses, e manterase o importe actual durante os primeiros seis meses. Pero a partir de entón, e co obxectivo teórico de "animar á procura activa de traballo", os que se sumen á cola do paro verán minguada o seu prestación a partir do sexto mes do 60% ao 50% da base reguladora.
  • Subida do IVA, con carácter inmediato, de tres puntos no tipo xeral (do 18% ao 21%). O tipo reducido crecerá do 8% ao 10%. Mantense o máis reducido, para os alimentos de primeira necesidade, no 4%.
  • Aceleración da entrada en vigor da reforma do sistema de pensións (retiro aos 67 anos) e da xubilación anticipada.
  • Subida dos impostos do tabaco.
  • Introdución da fiscalidade medio ambiental, baixo o principio, dixo, de "quen contamina, paga".
  • Rajoy anunciou unha "revisión integral da función pública" que realmente esconde un empeoramiento profundo das condicións dos funcionarios. Reduciráselles o número de días de libre disposición, axustarase" o número de liberados sindicais segundo o previsto na lei, se "equipararán condicións de incapacidade ás do resto de traballadores", facilitarase a súa "mobilidade". Pero ademais quitaráselles a paga extra de Nadal polo menos até 2015 (a partir de entón, compensaráselles como achega de fondo de pensións). Tamén deixarán de cobrar esa extra os altos cargos, segundo aclararon despois fontes do Executivo.
  • O "esforzo" pedido aos funcionarios será "compartido" por altos cargos da Administración central, da autonómica e local, e tamén por "deputados e senadores". Anticípase así xa un novo recorte dos seus soldos.
  • Reduciranse xa no que queda de 2012 os créditos a subvencións, gastos correntes e transferencias. Pero o ano próximo, as axudas a partidos, empresas e sindicatos mermarán un 20% máis, cando xa neste exercicio decreceran na mesma cantidade. O corte no gasto ministerial en 2012 será de 600 millóns de euros.
  • O presidente así mesmo sinalou que baixará as cotizacións un punto en 2013 e outro adicional en 2014 (Na parte que lle corresponde pagar á empresa por cada persoa empregada), á vez que eliminará a desgravación por vivenda a partir de 2013
  • Recortarase nun 30% o número de concelleiros. Aplicarase unha "drástica redución" ou eliminación directa das empresas e fundacións públicas no ámbito local para evitar "duplicacións ou triplicaciones de servizos".
  • Leis de unidade de mercado e de flexibilización dos horarios comerciais.
  • Privatización de Renfe, portos e aeroportos.
A "Revolución Liberal" en marcha, concretada, principalmente, nas políticas neoliberais e promovida por toda a dereita occidental, está dando pasos de xigante contra a Clase Traballadora, dinamitando os chamados "estados do benestar", con privatizacións masivas e desmantelamentos de todo o público, incluídas a sanidade e a educación.

Ao mesmo tempo que se anunciaban estas medidas comezaba a matinal Marcha Mineira por Madrid, despois da exitosa marcha nocturna desta madrugada, onde miles de persoas percorreron as rúas da capital do, polo de agora, Reino de España. A manifestación partiu de Colón e transcorre camiño ao Ministerio de Industria, onde esixirán que se paralicen os recortes de 450 millóns de euros no plan de axudas ao carbón, unha rebaixa do 63% cuxa anticipación a 2012 supuxo o inicio do conflito e que pon en perigo a propia existencia dos numerosos pobos das comarcas mineiras.

Xa soan berros de goberno dimisión e Folga Xeral !


__________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon