martes, xullo 10, 2012

A instancia do movimento veciñal, tivo lugar unha reunión con responsábeis municipais, sobre o incumprimento da actual 'Ordenanza de Terrazas' e a nova normativa que se está fraguando de costas ao, xa citado, movimento veciñal

Tags


Desde a AV de Esteiro queremos clarexarlles que á xuntanza coas entidades asociativas, na que asistiron arredor de 20 entidades (non asistiu ningunha do barrio da Madalena), non estivo presente o Concelleiro de Urbanismo e Obras, Guillermo Evia, que sí estivo presente na xuntanza cos empresarios da Hostalería e Comercio. É coñecido por todos e, desde a Asociación Veciñal de Esteiro, o temos denunciado repetidamente, que ese concelleiro non se reune con ningunha entidade veciñal.        

Asistiron Alejandro Lantry, José Manuel Vilariño, José  Polo, e unha técnica de Urbanismo.

Nesa xuntanza foi-nos entregado o borrador da nova ordenanza, que xa leva meses discutindose cos empresarios de Hostalería.
        
Na xuntanza de onte o Concelleiro Alejandro Lantry manifestou que na actualidade, a maioría de terrazas incumpría a actual ordenanza, o que motivou a pregunta de : Por qué o Concello non facía cumprir a legalidade? Que garantías ía haber de que a fixese cumprir no futuro?

Denunciou-se a situación de ocupación grave do espazo público en Ferrol Vello, Praza de Amboaxe, Inferniño e Avenida de Esteiro.

Por parte das Asociacións de discapacitados denunciouse que non se contase previamente con eles antes de facer Ordenanza ningunha e da necesidade de harmonizar as terrazas coa accesibilidade das persoas. Denunciouse a pasividade do Concello diante da colocación de bocois en beirarrúas estreitas que impiden a circulación das persoas e moito máis se teñen algúnha discapacidade é se propuxo que o colectivo de discapacitados tiña que ser, preferentemente, escoitado na elaboración de Ordenanzas.

Foi motivo dunha denuncia especial a intalación ilegal dunha terraza pechada e que ten persianas de ferro no Cantón, xunto á rúa do Carme e outra na rúa Coruña, xunto ao Xulgado que invade un xardín e mesmo cortaron unha árbore para a súa instalación. Non houbo resposta por parte dos Concelleiros. A instalación de mostradores na rúa, que prohibe a actual ordenanza e tampouco contempla a futura, como ocorre en Ferrol Vello e na Praza de Amboaxe.
        
Por parte das Asociacións de diversidade funcional manifestou-se que as terrazas non se debían autorizar pegadas aos edificios xa que dificultaban a circulación das persoas con visión reducida e que precisan do tacto para a súa orientación.

Se demandou que se regulase a instalación de televisores na rúa e que na Rúa Dolores e Galiano e en todas aquelas que están permanentemente pechadas ao tráfico que as terrazas se instalasen no centro da rúa e non pegadas aos edificios.

Tamén se propuxo que a Ordenanza nos se quedase na Regulación sobre Terrazas, senón que se regulase a utilización, en xeral, do espazo público, en rúas e prazas.
        
Como idea xeral se lle trasladou ao Concello que ten que primar o goce dos espazos públicos, especialmente nas Prazas, por parte da cidadanía fronte aos intereses lucrativos dos empresarios da Hostalería. Se manifestou a vontade de que se permita a instalación de terrazas, pero sen a colocación de elementos fixos na rúa e revisando a taxa de ocupación que se considerou "a prezo de saldo" nestes momentos e nunca excedendo o ancho do establecemento nin a ocupación de máis dun terzo da rúa. Non se permitirán terrazas onde a beirarrúa teña menos de tres metros.
        
Quedamos comprometidos a presentar alegacións, a través do rexistro ou por correo electrónico, antes do mércores día 18 de xullo e se propuxo que na Comisión de Seguimento que se vai crear para analizar solicitudes concretas que non figuran na Ordenanza, ademais dos técnicos do Concello haxa representantes das asociacións de diversidade funcional e das veciñais.


A noticia da reunión cos empresarios da Hostalería e Comercio nos medios:

O Concello trata con hosteleros e veciños a estética das terrazas
Díario de Ferrol

O Concello pide que as terrazas respecten a estética da cidade | Esixe que o seu deseño teña en conta o «valor patrimonial» de Ferrol
La voz de Galicia

ASOCIACIÓN GRUPO DIVERSIDADE FUNCIONAL FERROL E COMARCAS
R/Colon esq. Mendizabal B/4 P/5 Baixos 38-39 15406 Ferrol
Tlf: 981930544, Mobil: 620485450
E-mail: diversidadefuncionalferrol@hotmail.com
Blog: http://rachandobarreiras.blogspot.com

Enviado por:
Asoc. Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas
-diversidadefuncionalferrol@hotmail.com-
10 de julho de 2012 12:06
Ordenanza de terrazas. Por se fora do voso intéres. Mari Morado.

________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon