xoves, xullo 12, 2012

Que é a Banca Ética? - Vídeo


Vídeo realizado durante a celebración do I Asemblea Estatal de Fiare en Rivas-Vaciamadrid. 28 e 29 de Abril de 2012. Realizado pola súa base social para contarnos que é banca ética.


A idea e os principios da Banca Popolare Etica

A idea

A Banca Ética nace para poñer en práctica a idea dun banco colaborador como punto de encontro entre @s aforradores que comparten a esixencia dunha máis que consciente e responsable xestión do seu diñeiro e a iniciativa socio-económica que se inspira nos principios dun modelo de desenvolvemento humano e social sostíbel.

A Banca proponse xestionar as reservas financeiras de familias, mulleres, homes, organizacións, sociedades colectivas, en pleno respecto coa dignidade humana e co ambiente. Neste contexto, Banca Ética desenvolve unha función educativa respecto de @s aforradores e aos beneficiari@s do crédito, responsabilizando ao primeiro a coñecer o destino e a modalidade de uso do seu diñeiro e estimulando ao segundo a desenvolver con responsabilidade proxectiva a súa autonomía e capacidade empresarial.

A acción de Banca Ética non está dirixida a rexeitar as regras fundamentais das finanzas tradicionais, pero aspira máis ben a reformar os valores sobre os cales se fundan as finanzas.

Os principios

Os principios que levaron á creación de Banca Ética, e que diferencian e caracterizan a súa actividade cotiá, son recolleitos no artigo 5 dos Estatutos.

A Sociedade inspírase nos seguintes principios das Finanzas Éticas:
  • As finanzas éticamente orientadas son sensíbeis ás consecuencias non económicas das accións económicas;
  • o crédito, en todas as súas formas, é un dereito humano;
  • a eficiencia e a sobriedade son compoñentes da responsabilidade ética;
  • o beneficio obtido da posesión e intercambio de diñeiro debe ser consecuencia da actividade orientada ao ben común e debe ser equitativamente distribuído entre todos os suxeitos que interveñen á súa realización;
  • a máxima transparencia de todas as operacións é un requisito fundamental de calquera actividade de finanzas éticas;
  • favorecer a participación na toma de decisións da empresa, non só ás persoas socias, senón tamén ás aforradoras.
  • a institución que acepta os principios das Finanzas Éticas orienta con tales criterios toda a súa actividade.

Web oficial da Banca Popolare Etica:
http://www.bancaetica.com/

Web oficial de Fiare:
http://www.proyectofiare.com/web/

Web oficial de Fiare Galiza:
http://fiaregz.wordpress.com/

Web oficial de Coop57:
http://www.coop57.coop/

Web oficial de consumo responsábel:
http://konsumoresponsable.coop/gl/


Enviado por:

Elena Casal Mera
12 de julho de 2012 15:13
___________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon