Tarefas de limpeza e desbroce do lavadoiro da mina de ouro de Ponzos
Este Sábado, 11 de Agosto de 2012, entre as 09:00 e 14:00 horas, na Praia de Ponzos (Lavadoiro da antiga mina de ouro), o colectivo Cidadáns pola recuperación dos espazos públicos, vai realizar a súa terceira xornada de traballo, acción e protesta.
En vista de que nas tarefas de limpeza e desbroce do lavadoiro da mina de ouro de Ponzos achamos posibles restos antigos (do lavadoiro) que nunca viron a luz, decidimos acometer a maiores unha III Xornada de traballo voluntario. Aparte faremos unha ampla batida de recollida de lixo na zoa. Este Sábado entre as 9 da mañá e 2 datarde, (Ou o tempo que do que dispoña cada quen).
Calquera cidadán que queira sumarse a estas tarefas solidarias só ten que comunicalo. e-mail: recuperacióndeespazospúblicos@gmail.com Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497 Facebook: https://www.facebook.com/groups/444525015569821/ Evento no Facebook: https://www.facebook.com/events/290720801036033/
CONVOCA: "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos".
Somos: Cidadáns concienciad@s co valor patrimonial, paisaxístico e ecolóxico da comarca, e outr@s cidadáns que, ademais de ter esa conciencia, se atopan en situación de desemprego (que non parad@s) que queren facer visible a grave situación que están pasando.
Pretendemos:
1- Denunciar ao Concello de Ferrol e as empresa contratadas para o mantemento destes servizos, polo desleixo e mal estado dos espazos públicos; zonas verdes, cunetas das estradas, edificios do patrimonio arquitectónico, zonas naturais de especial interese, e a ría de Ferrol. Esixímos a optimización dos recursos municipais e das empresas que prestan eses servizos para que sexan visibles.
2- Paralizar a obra por valor de 700.000 euros prevista por parte do goberno municipal para a Praza de España, por ser una obra innecesaria e de despilfarro. Esixímos que ese diñeiro sexa destinado a contratar xente en situación de desemprego, mediante a creación de cuadrillas de traballo contratadas directamente polo Concello para a reparación, limpeza e saneamento dos espazos públicos.
3- Visualizar a grave situación social que está a pasar toda a bisbarra de Ferrolterra, cunha das taxas máis altas en desemprego de todo o estado. E reivindicar traballando que queremos traballar, queremos sentirnos útiles a pesar de que o goberno do PP e algúns medios de dereita demonicen aos desempregad@s, (que non parad@s ).
4- Converternos nun punto de encontro de converxencia social, para todos os cidadáns que se senten afectados polo desleixo tanto do Goberno Central, Autonómico e Local, para lograr entre todos un entendemento, toma de acordos e decisións para a realización de accións directas.
* Calquera acción que decidamos emprender no medio natural, pediremos o asesoramento da SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural).
e-mail: recuperacióndeespazospúblicos@gmail.com
O noso blogue: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/, é un Diario que recolle a nosa traxectoria, serve de difusión de próximas accións e faise eco doutros exemplos solidarios e comunitarios que están a suceder na bisbarra.
________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon