luns, agosto 13, 2012

Convocada a XII Asemblea Plenaria do Encontro Social de Ferrol Terra que se celebrará este Luns13 de Agosto de 2012

Nos locais da Asociación Veciñal de Esteiro, o Luns 13 de Agostoás 8 da tarde está convocada a duodécima Asemblea Plenaria do Encontro Social de Ferrol Terra. Moitos son os puntos a tratar en apenas dúas horas para informar, debater e acordar.

Proposta de obxectivos e orde do día para a XII Asemblea Plenaria do proceso de construción do Encontro Social de Ferrol Terra e da Rede de Apoio Mutuo.

Día: Luns 13 de Agosto. |NOVO DÍA DA SEMANA|
Lugar: Local Asociación Veciñal de Esteiro.
Horario: de 20 a 22 horas. | NOVO HORARIO|

Obxectivo da reunión:
  • Recibir información e propostas das diferentes comisións.
  • Información sobre propostas de novos proxectos se os houber.
  • Aprobación, se procede, das propostas presentadas.
  • Recibir información da situación Comarcal e outras.
  • Avaliar os avances.

Temas a tratar:

1- Informe e propostas da Comisión de Economía Social:
  • Valoración da Asemblea anual de REAS-Galiza
  • Novos locais e situación dos locais do Mercado de Caranza da Cooperativa
  •  Arméria.
  • Situación de estatutos e proceso de legalización de Arméria.
  • Estado de Contas de Arméria.
2- Informe da Comisión de Comunicación:
  • Presentación do Informe.
3- Informe da Comisión de Inmigración (Sen Papeis)
  • Presentación do Informe.
4- Outras propostas e informacións.

Ferrol Terra, 4 de Xullo de 2012

correo-e e blogue:

|||||||||||||||||||||||


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon