sábado, agosto 25, 2012

Hoxe segunda xornada de traballo comunitario no Castelo de San Cristovo - Así foi a "Acción sorpresa", limpeza e recuperación dun lavadoiro na zona d'A Cabana

Hoxe sábado, día 25 de agosto de 2012, as compañeiras e compañeiros de 'Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos" teñen pensado acometer a Segunda Xornada de traballo comunitario no Castelo de San Cristovo. Sobre as 9 da mañá tiñan previsto comezar os traballos da segunda xornada, que se poden prolongar até as 2 da tarde. ainda que o mesmo colecttivo xa sinala que "... a xornada de traballo é libre, en función do tempo de que dispoña cada persoa", polo que non fai falta de dispor de toda a xornada pra achegar-se até San Cristovo, para cooperar nas labouras de recuperación do espazo público.

Acción sorpresa na Cabana

Segundo publican no seu blogue e tamén se fixo eco o xornal comarcal 'Diario de Ferrol' cunha ampla reportaxe na páxina seis da edición de onte, o Colectivo de cidadáns e didadás, 'Acción directa de Recuperación de Espazos Públicos", volveu ao traballo comunitario perante a semana cunha "acción sorpresa", onde realizaron a "limpeza e recuperación dun lavadoiro na zona de A Cabana, para seguir coa súa política de denuncia do abandono e deterioro dos bens patrimoniais e paisaxísticos da nosa cidade".

@s Comuner@s de 'Acción Directa' resaltan que "dito lavadoiro encóntrase nunha das rutas propostas polo Concello de Ferrol na súa páxina web" o Lavadoiro de San Antonio d'A Cabana.

Detallando os traballos realizados no lugar do lavadoiro, din que "As obras incluíron tanto a limpeza da zona coma o selado do lavadoiro xa que as súas fugas impedían o enchido do mesmo. Amais este colectivo ten proxectado a reparación dunha fonte anexa a dito lavadoiro, xa que o seu estado de deterioro causa a fuga da auga polos seus muros e impide o seu uso".

Fan mención que esta 'acción sorpresa' foi acometida só polo sector de sempregad@s do Colectivo querendo poñer de manifesto "a nosa petición de contratación de desempregad@s por parte do Concello de Ferrol para acometer o mantemento dos bens do mesmo", din.

Continuan no seu argumentario "Outros lavadoiros do municipio foron obxecto de centos de miles de euros de inversión para a súa 'restauración' e lles cambiaron totalmente a fisionomía pasando a ser máis unha nova construción. Non estamos en contra de ditas obras pero pensamos que hai outras obras prioritarias para o noso municipio, por exemplo a creación de beirarrúas nesta zona da comarca".

Por último fan un chamado para quen quixer se una á acción directa, nun novo xeito de mobilización cidadá:"Queremos recordar a tódolos cidadáns concienciados coa deterioración continua dos nosos espazos naturais, patrimonio e espazos públicos, que o noso grupo está aberto á participación".


Antes da acción comunitaria
Despois da acción comunitaria

* * *

Para máis información, pode-se visitar o Blogue ou as contas nas redes sociais, tamén facilitamos os telefonos e correo-e.

Calquera cidadán ou cidadá que queira sumarse a estas tarefas solidarias só ten que comunica-lo.

e-mail: recuperacióndeespazospúblicos@gmail.com Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497

Facebook: https://www.facebook.com/groups/444525015569821/

Evento no Facebook: https://www.facebook.com/events/290720801036033/

"Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos".

O noso blogue: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/, é un Diario que recolle a nosa traxectoria, serve de difusión de próximas accións e faise eco doutros exemplos solidarios e comunitarios que están a suceder na bisbarra.

A Noticia no xornal dixital 'Praza Pública':

"Se o Concello non o fai, facémolo nós"

___________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon