Cando o PP ocupou o poder en Galicia en 2009, Núñez Feijóo afirmou que levaría a cabo políticas de austeridade pero sen reducir os orzamentos de sanidade, educación e servizos sociais. Minteu doblemente: estes departamentos son os máis atacados polas súas actuacións mentres que, durante o seu mandato, a débeda de Galicia medrou o triplo que co goberno bipartito. En 2009 a débeda autonómica equivalía ao 7,7% do PIB. Nos tres últimos anos a débeda medrou de 4.282 a 7.381 millóns de euros. Esto representa un incremento de 3.099 millóns de euros na débeda, que equivale xa ao 12.8% do PIB (5 puntos por enriba do herdado). En resumo, os tres anos de suposta austeridade e solvencia económica do actual goberno da Xunta tradúcense nun incremento da débeda en máis de 1.000 millóns de euros por ano.
O Partido Popular afirma que a xestión privada é mellor que a pública. Por eso o goberno de Núñez Feijóo contratou á empresa Eulen (da que é apoderada a súa irmá Micaela) para realizar a atención telefónica e xestión da documentación das persoas afectadas polas preferentes. Para poder adxudicar directamente (sen concurso no DOG) a Xunta dividiu o servizo aos afectados por provincias, para que non superase o límite económico estabelecido. Este proceder xa o realizou esta Xunta noutras ocasións en relación coa mesma empresa. O grupo Eulen tamén consigueu que o concello da Coruña(presidido por Carlos Negreira, compañeiro e amigo de Núñez Feijóo) lle adxudique a xestión da rede de bibliotecas da cidade por máis de dous millóns de euros, sen que tivese ningunha experiencia previa neste tipo de actividade (até o de agora era requisito indispensable para poder presentarse a concurso).

Blogue persoal de Pablo Vaamonde:
Pavillón de Repouso
http://pablovaamonde.blogspot.com.es/
[*] Pablo Vaamonde, nado na Baña en 1956. É médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005), presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña e responsable do Programa de Formación Continuada de 1998 a 2005. Foi director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006. Tamén foi membro da Comisión Sectorial de Sanidade que elaborou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, colaborador habitual dos medios e autor de tres libros de narrativa: O fillo do emigrante (2002), O mes de abril (2004), Luz Divina e outros retratos (2006). Recibiu o Premio Lois Peña Novo en 2005, polo seu compromiso na promoción e defensa da língua de Galicia e é colexiado de Honra con Emblema de Prata (2007) do Colexio Oficial de Médicos da provincia de A Coruña.

||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||| |||||||||||| |||| |||
1 comentarios so far
O impresentável concelheiro de Cultura de Ferrol, Manuel Reyes García Hurtado, também tem negocios con EULEN, foi a empresa que se fixo coa gestiom dos espaços culturais de Ferrol, entre os que está o Auditório de Caranza ainda sem inaugurar, dim que a final deste ano 2012. A contrata é de 590.000 euros. Provavelmente, se nom o impedimos, este grupo transnacional sexa o que se faga também coa gestiom do edifício do Ateneo. Negócios, negócios, ... o último é que o Auditório que antes mencionei já tem concedidos 884.981 euros para o subministro e montagem do equipamento escénico a financiar entre Xunta e Diputaçom Provincial. Um Auditório que no caso de funcionar vai ser umha ruína para Ferrol. Temos que estar atentos, quem será a empresa que se faga com esta contrata? Negócios, ... negócios. O dinheiro público para o Capital Privado.
ináçio
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon