A CNT, o
PCPE, o Colectivo ML Forxa!, a Asemblea do 15M e traballadoras e
traballadores a título individual, entendendo a necesidade de
convocatoria dunha folga xeral inminente que sexa quen de poñerlle freo
aos recortes do capital e en apoio ás folgas que por este motivo están
convocadas en Euskalherria e Grecia este vindeiro día 26 de setembro de
2012, facemos un chamado ao conxunto de traballadoras e traballadores
desta comarca, así como ao seu tecido social, a sumarse a esta
convocatoria e participar nunha concentración o mesmo día 26 ás 20 horas
diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galiza en Ferrol.
Contra os recortes do capital!
Por unha folga xeral europea!!
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon