Comisións Obreiras (CCOO) e UGT convocan
mobilizacións para o vindeiro día 8 de outubro en defensa dos sectores
industriais galegos. A convocatoria parte de CCOO-Industria,
FECOMA-CCOO,
MCA-UGT e FITAG-UGT e a ela adheriuse tamén a USTG.
Primeiro pola esquerda, Nicolás Pato (CCOO), explicando as razóns para as mobilizacións
As organizacións sindicais pedíronlles
ás Administracións «compromisos» para evitar a destrución do tecido
industrial galego, que xunto coa construción suman case o 90% dos postos
de traballo perdidos desde o inicio da crise.
Nicolás Pato Pérez, secretario xeral de CCOO-Industria, critica a «pasividade» dos Gobernos do PP en Galicia e no Estado, que, ao seu ver, contrastan coa «belixerancia» exhibida «cando os que mandaban eran outros».
O dirixente sindical lembra que a industria debe ser motor da recuperación económica, xa que é capaz de xerar emprego de calidade e cualificado, amais de atraer investimentos. Por último, o secretario xeral de CCOO-Industria sinalou que o desmantelamento do tecido industrial galego terá un efecto prexudicial para outros sectores e mesmo para o estado do benestar.
Sector naval
Canto ao sector naval, CCOO, UGT e USTG coinciden en sinalar que aínda non se solucionaron todos os problemas cos recentes contratos de PEMEX, entre outras razóns porque aínda non se aprobou ningunha alternativa á tax lease, o sistema fiscal que bonificaba a construción naval no Estado español, denunciada por outros países e bloqueada polas autoridades comunitarias. O sector aínda necesita máis carga de traballo, e mobilizarase para conseguilo. Ademais, no caso concreto de Navantia, defenderon a necesidade de construír o dique flotante, que permitirá que os estaleiros da ría de Ferrol poidan reparar buques.
Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2012

Fonte: http://www.galicia.ccoo.es
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon