mércores, novembro 14, 2012

A Folga Xeral do 14N en Ferrol Terra - Galería Fotográfica



Ante a moi grave situación que estamos a padecer en Ferrolterra, Galiza, ... e no resto de Europa, como consecuencia das decisións adoptadas, pola chamada troika (BCE, FMI e CE) e polos seus encargados, os gobernos de Ferrol, Madrid e Compostela, do dereitista Partido Popular que en forma de orzamentos, privatizacións, recortes públicos e de dereitos sociais e laborais, están saqueando os nosos bens, o noso patrimonio social, o noso tecido produtivo e económico, arruinando-nos como País e empobrecendo-nos como Pobo, o 14 de novembro foi convocada unha folga xeral e xornada de loita social en Europa. O obxectivo desta mobilización era o de dar un golpe coordinado en todo o continente ao poder do capital transnacional e financeiro, que está ditando aos seus encargados, os gobernos, medidas de recortes e reformas que nos levan á pobreza e á máis absoluta das desproteccións e perda de dereitos. Están roubando miles de millóns de euros a todo o pobo e ás arcas públicas para pagar a débeda ilexítima e os seus intereses, para rescatar a súa banca e as súas grandes empresas.

Pensionistas, desempregad@s, labreg@s, estudantes, pequeno empresariado e comercio, autónom@s, inmigrantes con papeis, sen papeis, mozas e mozos... foron chamados a mobilizarse, xunto aos traballadores e traballadoras en activo, e facer da xornada europea de loita social, o primeiro dos últimos dias dos gobernos que en Europa son obedientes á troika (FMI,BCE,CE), e están dispostos a pagar aos grupos financeiros, unha devida ilexítima, antes do que asegurar o noso dereito á saúde, á educación, a unha vivenda digna, a un retiro tranquilo e con seguridade, e crear os postos de traballo necesarios, que permitan unha vida en condicións dignas.

Vencer á Troika e aos seus gobernos encargados!

Xuntos e xuntas temos poder para facelo!

Asemblea do Movemento Social de Ferrol Terra en apoio á folga xeral e xornada de loita social en Europa.

Fotos Susete'70.
__________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon