sábado, novembro 03, 2012

Con Reganosa de fondo: un camión cisterna cargado con gas explota e deixa 22 mortos e 111 feridos en Riyadh, capital de Arabia Saudí

Tags


Ante estes sucesos é inevitábel lembrar que da Planta de Gas de Reganosa, en Mugardos, sae un tráfico frecuente de camións cisterna, que atravesan unha comarca densamente poboada. Unha ameaza máis, como o tráfico dos gaseiros na Ría, por mor da localización ilegal da Planta, perigo permanente para toda a cidadanía da comarca.

Destacamos que oito concellos da Galiza utilizan plantas satélite de GNL, ás que o combustible chega por medio de camións cisterna cargados en Mugardos. Dos máis de 2.000 camións que xa levan saído da terminal de Mugardos, dous terzos deles foron para fora de Galiza. Todo este tránsito de camións cisterna entraña un grave perigo.

O pasado 23 de Abril, tivo que ser cortada a autovía A-6 n'As Nogais ao envorcar, un camión cisterna cargado de gas natural licuado -LNG-GNL que ía en sentido de Madrid, procedente do cargadeiro de cisternas de Reganosa, en Mugardos. O tránsito foi desviado á estrada N-VI. Foron mobilizados, os Bombeiros de Sarria e o Grumir de Becerreá, ante unha pequena fuga que presentaba a cisterna. Ademais foron desaloxadas varias casas e cortada a autovía nos dou sentidos, segundo informacións do sevizo de emerxencias 112 que foi o recibiu o aviso do envorco do camión no quilómetro 441 da A-6 ao seu paso polas Nogais, preto da entrada do túnel de Doncos. O cinturon de seguridade foi de 600 metros.


En Riyadh, capital de Arabia Saudí: Vinte e dúas persoas morreron e 111 resultaron feridas

O estalido tras o choque afectou a un viaduto, multitude de vehículos e varias casas de Riyadh. en  Arabia Saudita


Vinte e dúas persoas morreron e 111 resultaron feridas, segundo a información dun responsable da Defensa Civil, logo de que nun accidente de estrada en Riyadh un camión tanque que transportaba gas explotou logo de chocar contra unha das estruturas dunha ponte.

O balance da explosión na capital de Arabia Saudita e tamén a cidade máis activa comercial e economicamente do país, "elevouse a 22 mortos e 111 feridos", declarou o responsable.

Un balance anterior, obtido de fontes da Defensa Civil, informaba de 14 mortos e 60 feridos neste accidente que se produciu nunha estrada do leste da capital saudita.

O portavoz da Defensa Civil en Riyadh, Mohamed al Hamadi, citado pola axencia oficial SPA, explicou que a explosión tivo lugar logo dunha fuga de gas do camión tanque, provocada polo accidente.

"Unha explosión e un incendio producíronse logo dunha fuga de gas que se propagou polo sector. Rexistráronse importantes desfeitas, ademais de varios accidentes de estrada", engadiu Hamadi, quen aduciu que ademais dos falecidos había "varias vítimas" con múltiples feridas.

Hamadi indicou que un área próxima, onde había maquinaria de construción, resultou severamente danada.

"Debido a un accidente de estrada, un camión tanque que transportaba gas incendiouse", logo de "chocar contra unha ponte", indicara antes á AFP unha fonte dos servizos de seguridade sauditas.

"É normal que a explosión dun camión tanque que transporta carburante incendie todo o que lle rodea", engadiu esta fonte.

Un fotógrafo da AFP puido comprobar que os equipos da Defensa Civil evacuaban a dous corpos carbonizados no lugar do incendio.

Un primeiro reporte contabilizou en decenas os coches que quedaron danados logo de haberse incendiado.

A explosión alcanzou tamén aos edificios próximos que resultaron seriamente danados.

Segundo as testemuñas, no momento do accidente un autobús prendeuse lume e quedou bloqueado na metade dunha ponte, mentres que un camión caeu do viaduto debido ao estalido, indicaron testemuñas.

En Riyadh, poboada por cinco millóns de habitantes, o panorama que deixou o estalido devolveu á memoria dos seus habitantes o recordo dun pasado de guerras.

O viaduto foi pechado temporalmente á circulación, logo de que o impacto desestabilizou a súa estrutura, mentres que os barrios situados ao redor do estalido ofrecían unha imaxe desoladora con vehículos danados ou queimados e restos de cristais, pedras e metais regados polo chan.

Diversas fontes: expreso.ec, teinteresa.es, edition.cnn.com (fotos e vídeo), gmanetwork.com.


Enlace de referencia:

Ártabra 21: Accidente dun camión cisterna cargado con gas natural licuado LNG/GNL, na autovia A-6 no termino municipal de As Nogais - O Camión procedía da Plante de Gas de Reganosa, en Mugardos

  •  POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  •  CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  •  PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

Tamén en Twitter :  @ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
2 de novembro de 2012 20:21
______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon