A Asociación Veciñal de Esteiro vimos de presentar, a través do Rexistro Municipal, as nosas alegacións a proposta de orzamentos municipais para o ano 2013 (achegamos anexo).
DEMANDAMOS :
- A eliminación da partida consignada para Abrir Ferrol ao Mar, por que non é unha prioridade para a cidade neste momento.
- A eliminación do malgasto destinado ao chamado " Pulmón Verde da Praza de España", nova ocorrencia do concelleiro de Urbanismo, Guillermo Evia, para destinar esa cantidade de 918.000 euros a outras necesidades da cidade de Ferrol que requiren actuacións urxerntes:
- Plano de reposición e sinalización horizontal e vertical en toda a cidade.
- Plano de urxente de obras e mantemento que inclúa a colocación de bolardos e eliminación de barreiras arquitectónicas.
- Eliminación do malgasto correspondente á rúa do Sol, rúa executada cun goberno do Partido Popular e IF sendo Rey Varela concelleiro de Facenda, conservando a cantidade necesaria para a súa REPARACIÓN.
- Creación dunha nova partida para Orzamentos Participativos de 2 millóns de euros.
- Incremento ate dous millón de euros para partidas de : Creación de emprego, creación de empresas públicas, fomento do cooperativismo e economía social e apoio a inicitivas de carácter social.
- Creación de novos comedores sociais, comedor sobre rodas, financiamento da asistencia no fogar e mantemento de convenios con todas as entidade de carácter e recoñecemento de interese social.
Xunta Directiva da AV de Esteiro
Local Veciñal:
Rúa Fernando VI,
Bloque I baixo
Ferrol -15403
Telef. 981933223
avesteiro@galicia.com
http://avesteiro.blogspot.com/
Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
29 de dezembro de 2012 17:16
______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon