Por Amadeo Varela [*]
24.10.2011
Hoxe remata o ano. Que vaia o demo zoupando con el, porque foi bastante malo, pero como nunca choveu que non escampara, a ver se o 2013 é un pouco mellor. Aínda que non sei, non sei, porque din que outro virá que bo o fará.
A min non me estrañaría, porque esta chuvieira non ten viso de que vaia parar axiña. En calquera caso, seguiremos “vivindo como galegos”, é dicir, aturando todo o que nos boten como fixemos sempre.
O caso é que haxa saúde. Agora ímola necesitar máis que nunca, porque poñerse enfermo vai ser un luxo que non poderá atinxir calquera. E porque a lotería non caerá, pero reconversións, peches, recortes, paro e o que sexa, diso non ha faltar. Porque sempre chove sobre mollado e porque a can fraco todo son pulgas.
Din que sarna con gusto non pica e que cada un ten o que merece. Eu non sei, pero de todos xeitos, teñamos moito ánimo, porque non hai mal que cen anos dure. (Nin corpo que os resista, claro).
Publicado no "Diario de Ferrol"
[*] Amadeo Varela Rodríguez -Ferrol 1936, foi traballador de BAZAN, é o autor de "Recordos do vello Racing" publicado no 2000, "Bazan e Ferrol - Unha simbioses perfecta?" (a historia dunha época, "... detrás
de cada barco que nace, hai moitas horas de esforzo. Nesa tarefa, miles
de traballadores foron gastando a súa saúde e a súa vida".) publicado no 2003 e coautor de "Retallos da Memoria II" ("Memorias de neno" sobre a súa vida de pequeno nunha familia republicana perseguida), publicado no 2009. Autor de numerosas cartas e artigos na prensa local. Autor de sitios na rede sobre Ferrol. Cofundador da Asociación San Fernando
para defender o Patrimonio Histórico do barrio ferrolán de Recimil
contra a súa pretendida demolición, membro do Colectivo Recimil co que
promoveu a Plataforma Ártabra 21 e a Plataforma en Defensa dos Espazos
Públicos. Na actualidade forma parte do Colectivo Ártabra 21.
________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
luns, decembro 31, 2012
Adeus 2012
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan luns, decembro 31, 2012
Tags
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon