Tal e como se relatou sucintamente na nota informativa emitida por este grupo, onte pola noite con carácter urxente, Esquerda Unida explicacou hoxe en roda de prensa no Concello os motivos do seu abandono do pleno de onte día 27 de decembro.
A primeira explicación posible podería ser a indicación de que realmente non foi , en sentido estricto, un abandono senón unha actitude coerente co voto contrario ao recoñecemento do carácter "urxente" requerido para introducir catro puntos na orde do día ás 22:20 horas, sin medios de comunicación presentes e coa sesión finalizada.
O grupo municipal de Esquerda Unida ven denunciando a actitude oscurantista e prepotente do goberno municipal en todas as áreas e procedementos e considera que concurrindo neste caso algún asunto de especial gravidade a gota colmou o vaso:
Un dos puntos de inclusión por vía urxente é o referido ao proceso de disolución do IMFACOFE e a este respecto queremos puntualizar:
O IMFACOFE non é unha administración paralela. Iso que coloquialmente se denomina "chiringuitos", aludindo ás entidades (moitas delas de dereito privado) creadas polos sucesivos gobernos da era Fraga, son intrumentos de xestión de cartos públicos creados para sortear o control democrático da xestión. Pola contra e a pesar de que na documentación que sae dos fornos do goberno municipal a concellería de Facenda denomina continuamente "administración paralela" o Instituto Municipal de Facenda e Cobros do Concello de Ferrol é Administración pública e foi a solución que gobernos municipais anteriores (e, en concreto o encabezado por Xaime Bello e sendo María Luisa Sabio concelleira de Facenda) consideraron a solución máis acaída para sair do marasmo no que estaba o concello de Ferrol en materia de recadación.
Cómpre recordar que a creación do IMFACOFE é producto dun acordo plenario no que se acorda asumir a xestión directa ,por parte da administración pública ,da recadación de tributos até o momento nas mans dun Recadador externo.
Até o día de onte estaba pendentes as contas do antigo recadador correspondentes ao período 1995/2001 motivo polo que no ano 2008, e tendo en conta que isto conlevaba que o Instituto público tiña tamén pendentes de aprobación as súas contas, o Consello de Administración do Instituto e o Concello -Pleno aprobaron unhas normas de rendición de contas de ingresoso con caráter trimestral (pleno de 26 de xuño de 2008). É dicir, a situación era coñecida.
Non é de recibo:
- Que o goberno municipal siga a día de hoxe sen ofrecer, non xa unha explicación das supostas melloras económicas da supresión do IMFACOFE e aluda a un suposto aforro de 400,000 euros, senon un mínimo esquema da alternativa que, necesariamente, ten que barallar, e que implicaría cando menos o esencial dun plan de xestión integral do sistema tributario municipal: estructura organizativa e xestión públicas, recursos humanos conformados por empregados públicos ao servizo da administración municial, aplicacións e sistemas de información e nova organización correspondentes a unha xestión integral de dereito público, procesos no marco do dereito público, etc.
- Que propoñan unha disolución do IMFACOFE practicamente con tramite de emerxencia despois de teren adiado todo o protocolo administrativo-político conducente á disolución.
- Que a documentación referida a puntos, que nin siquera figuraban na orde do día, fora entregada poucas horas antes do pleno e entre estes puntos figuraran cousas como: proposta de anulación de valores por falta de identificación dos suxeitos pasivos por 4,389,374,83 e proposta de aprobación das contas do recadador- axente executivo no período 1995/2001.
Ferrol, 28 de decembro de 2012
Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/
Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
28 de dezembro de 2012 13:10
Adxunto se envía nota informativa da roda de prensa do Grupo Municipal de Esquerda Unida no Concello de Ferrol. Saúdos, Xesús.
____________
1 comentarios so far
Vaise permitir que máis de 4 millóns de euros, de cando a recadación municipal era privada, desaparezan das contas munucipais?. Por qué non se fai unha denuncia no Xulgado e que que sexa responsable pague?
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon