luns, decembro 17, 2012

O pasado 15 de decembro ADEGA celebrou en Compostela a súa 37 Asemblea Xeral - Resolucións e nova Xunta Directiva

Tags


O pasado 15 de decembro de 21012, ADEGA celebrou en Compostela a súa 37 Asemblea Xeral. Baixo o lema "Rescata o teu ambiente", debatemos sobre a necesaria reposta do movemento ecoloxista á crise e á perda de dereitos, que son tamén ambientais. Alén de continuarmos, como vimos facendo dende hai 37 anos, a termar do ambiente fronte á recolonización e á especulación cos nosos recursos naturais, concordamos tamén en ofrecer propostas en positivo dende o ecoloxismo a nunha sociedade cada vez máis precarizada polo capitalismo. No decurso desta 37 Asemblea, eliximos tamén a nova Xunta Directiva, que preside novamente a compañeira Virxinia Rodríguez. Xa pola noite, na cea anual de confraternización, fixemos entrega dos premios Osíxeno e Dioxina 2012. Accede ao álbum coas fotos dos actos (Ramsés Pérez)

RESOLUCIÓNS da 37 Asemblea de ADEGA:

Derrogación do “decretazo” contra o galego: A Asemblea de ADEGA esixe da Xunta de Galiza a inmediata derrogación do chamado “decreto do plurilingüismo”, após as 6 sentenzas do TSXG contrarias a esta vergoñenta norma, e a elaboración dun novo decreto que teña como punto de partida o Plano de Normalización Lingüística aprobado polo Parlamento en 2004.

Indulto para David Reboredo: A Asemblea de ADEGA expresa a súa solidariedade con David Reboredo e a súa familia e esixe ao governo español que tramite á maior brevidade o sei indulto. É indigno que se teña denegado esta medida de graza a unha persoa totalmente rehabilitada e útil á sociedade como David, mentres por dúas concedeuse un indulto a torturadores convictos e banqueiros evasores.

Rexeitamento do "fracking": A Asemblea de ADEGA demanda da Xunta de Galiza a aprobación das normas legais precisas para prohibir o "fracking" ou fractura hidráulica profunda en todo o noso territorio, así como nas augas de competencia autonómica, tal e como acaba de facer o governo de Cantabria.

NOVA XUNTA DIRECTIVA DE ADEGA. 37 ASEMBLEA XERAL, 2012

  • Presidenta e vogal de Ríos: Virxinia Rodríguez
  • Vicepresidente e vogal de Litoral: Xandro García
  • Secretario Xeral e vogal de Mundialización e Pacifismo: Froilán Pallín
  • Vicesecretario Xeral e vogal de Biodiversidade: Xosé Salvadores
  • Tesoureiro: Xan Louzao
  • Vogal da Comisión Permanente e de Protección Animal: Isabelle Kerdudo
  • Vogal da Comisión Permanente e de Publicacións: Manuel Soto?
  • Vogal da Comisión Permanente: Marcial Barral
  • Vogal da Xunta Directiva: Xesús López Piñeiro
  • Vogal da Xunta Directiva: Monserrat Lombardía
  • Vogal da Xunta Directiva: Alberte Sánchez
  • Vogal da Xunta Directiva: Pepa Pérez Sañudo
  • Vogal da Xunta Directiva: Nes Lopes
  • Vogal da Xunta Directiva: Serxio Perille
  • Vogal de Afiliación: Verónica Torrijos
  • Vogal de Agroecoloxía e Transxénicos: Margarida Miguéns
  • Vogal de Cambio Climático: Xurxo Costoia
  • Vogal de Consumo Sustentábel: Marie Lacassagne
  • Vogal de Comunicación: Belén Rodríguez
  • Vogal de Cooperación e Muller: Lucía Parente
  • Vogal de Dereito Ambiental: Fernando de Abel
  • Vogal de Educación Ambiental: Ramsés Pérez
  • Vogal de Enerxía: Fins Eirexas
  • Vogal de Espazos Naturais: Martiño Fiz
  • Vogal de Estratexias de Comunicación: Benigno F. Salgado
  • Vogal de Medio Rural e Montes: Xabier Bruña
  • Vogais de Mocidade: Macías López e Sigrid Bouzón
  • Vogal de Ordenación do Territorio e Urbanismo: Daniel L. Vispo
  • Vogal de Patrimonio Cultural e Arqueoloxía: Manolo Miranda
  • Vogal de Patrimonio Xeolóxico: Xoán Ramón Vidal-Romaní
  • Vogal de Recursos Audiovisuais: Xosé Luís Blanco
  • Vogal de Residuos: María Lafuente
  • Vogal de Saúde Ambiental: Luis Díaz Cabanela
  • Vogal de Transporte e Mobilidade: Adela Figueroa
  • Vogal de Voluntariado: Paco Bañobre

Máis información: local nacional (981 570099),  na nosa web: www.adega.info , en Facebook e Twitter.

Enviado por:
ADEGA
-adega@adega.info-
17 de dezembro de 2012 11:10
_____________

1 comentarios so far

Da planta de Gas de Reganosa que falaron?


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon