Venres, 21 de Decembro, ás 17:00hs,
en Caranza no local de Fuco Buxán, reuniremos a quen quixer participar,
nunha xuntanza aberta de STOP-Desafiuzamentos - Comisión Dereito a unha
Vivenda Digna, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, para abordar
todos o temas pendentes de lanzamentos de vivenda, novos casos, as
entrevistas co Valedor do Pobo e a coordinación con outras plataformas,
froito do cal está convocada unha mobilización para o vindeiro 28 de Decembro que temos que preparar.
Nas últimas semanas as compañeiras e compañeiros da Rede de Apoio Mutuo que máis se moven no asunto dos desafiuzamentos, mantiveron unha actividade relevante. Non só por ter que afrontar o reto do pasado Pleno Municipal de Ferrol, onde unha das nosas compañeiras interveu no nome do noso colectivo, senón por ter que atender casos concretos de ameazas de lanzamentos de vivenda, mobilizar-nos, contactar con outras plataformas da Galiza para encetar certa coordinación e participar nunha xuntanza que convocou o Valedor do Pobo, interesado polas reivindicacións dos nosos colectivos cidadáns. Xuntanza que vai ter unha segunda sesión o vindeiro Xoves 20 de decembro, ás 11 da mañá, na sede desa institución, en Compostela.
Da coordinación con outras plataformas, xurdiu a convocatoria dunha mobilización nacional, para o Venres 28 de Decembro, en diferentes comarcas galegas. Para o cal esta-se preparando un manifesto coas principais demandas que nos unen na loita por unha vivenda digna. Antes, este 20 de Decembro, o mesmo día no que nos desprazaremos a Compostela, pola tarde, está convocada en toda Galiza até 12 mobilizacións xerais, convocadas pola recen constituída Alianza Social Galega, onde as nosas principais reivindicacións estarán presentes nas rúas e nos comunicados da convocatoria e finais da mobilización. En Ferrol, terá lugar unha concentración, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, ás 19:30hs, do, xa citado, Xoves 20 de Decembro.
Así recolle as nosa reivindicacións o Manifesto da Alianza Social Galega:
Blogue:
http://stop-desafiuzamentos- ferrolterra.blogspot.com.es/
No facebook:
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra
Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra FSdeFerrolTerra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
19 de dezembro de 2012 01:30
_____________________
O vindeiro Nas últimas semanas as compañeiras e compañeiros da Rede de Apoio Mutuo que máis se moven no asunto dos desafiuzamentos, mantiveron unha actividade relevante. Non só por ter que afrontar o reto do pasado Pleno Municipal de Ferrol, onde unha das nosas compañeiras interveu no nome do noso colectivo, senón por ter que atender casos concretos de ameazas de lanzamentos de vivenda, mobilizar-nos, contactar con outras plataformas da Galiza para encetar certa coordinación e participar nunha xuntanza que convocou o Valedor do Pobo, interesado polas reivindicacións dos nosos colectivos cidadáns. Xuntanza que vai ter unha segunda sesión o vindeiro Xoves 20 de decembro, ás 11 da mañá, na sede desa institución, en Compostela.
Da coordinación con outras plataformas, xurdiu a convocatoria dunha mobilización nacional, para o Venres 28 de Decembro, en diferentes comarcas galegas. Para o cal esta-se preparando un manifesto coas principais demandas que nos unen na loita por unha vivenda digna. Antes, este 20 de Decembro, o mesmo día no que nos desprazaremos a Compostela, pola tarde, está convocada en toda Galiza até 12 mobilizacións xerais, convocadas pola recen constituída Alianza Social Galega, onde as nosas principais reivindicacións estarán presentes nas rúas e nos comunicados da convocatoria e finais da mobilización. En Ferrol, terá lugar unha concentración, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, ás 19:30hs, do, xa citado, Xoves 20 de Decembro.
Así recolle as nosa reivindicacións o Manifesto da Alianza Social Galega:
"Son máis de nove mil as familias desafiuzadas en Galicia desde que comezou a crise. Persoas que pertencen aos colectivos sociais máis afectados pola situación, que perden a súa vivenda e que, na maior parte dos casos, ven embargadas as nóminas, ingresos ou propiedades ao seu nome. Familias e persoas condenadas á exclusión social polos abusos das entidades financeiras e por un Goberno cómplice".Lembra, non faltes á xuntanza aberta deste Venres 21 de Decembro, necesitamos a túa colaboración e axuda. Participa na Rede de Apoio Mutuo.
"Esta situación só pode cambiar cunha modificación da Lei hipotecaria e da Lei de axuizamento civil para regular a dación en pagamento retroactiva, paralizar os desafiuzamentos e promover o alugamento social. Fronte a esta necesidade, o Goberno aproba un decreto insuficiente que non contén solucións estruturais e exonera as entidades financeiras das súas responsabilidades na inadecuada xestión dos préstamos".
"Urxen medidas transitorias integrais, mentres non se modifique a lexislación en materia de execución hipotecaria, como a suspensión temporal dos procesos de execución en marcha".
Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-
No facebook:
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra
Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra FSdeFerrolTerra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
19 de dezembro de 2012 01:30
_____________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon