Foron cinco xornadas, as que fixeron falta para rematar o traballo comunitario de limpeza, e de recuperación da contorna, no Castelo de San Carlos. Unha batería costeira que data do Século XVII, logo reformada no seu trazado actual en 'L', no S.XVIII. Esta fortificación xunto aos Castelos de San Filipe, A Palma, San Cristovo e de San Martiño, formaba parte do sistema de fortificacións que defendían a entrada da Ria de Ferrol. A fortificación está situada no lugar de Punta de Baterías, na parroquia de Brión. O Castelo de San Carlos está catalogado pola Xunta de Galicia como BIC (Ben de Interese Cultura - RI-51-0008847) e no PXOM de Ferrol, consta no catálogo de bens patrimoniais protexidos, como Monumento Histórico Artístico (documento que figura na rede en formato pdf - páxina 3 - ficha C-3), mais estaba totalmente abandonado e deixado a perder polas autoridades municipais.
Os traballos de recuperación do Castelo consistiron fundamentalmente na limpeza dos muros, roza da maleza e silvas do interior, e limpeza do empedrado do chan.
As compañeiras e compañeiros do Colectivo Cidadán que as autoridades públicas teñen abandonado. É así como as centos de horas empregadas no traballo comunitario e voluntario, frutificaron en espazos públicos recuperados para o goce da cidadanía, para o ben común (Lavadoiro da Mina de Ouro de Ponzos, Castelo de San Cristovo, Lavadoiro d'A Barca -A Cabana, Fonte de Chamorro, Parque Monumento a Torrente Ballester, Erradicación do Plumeiro da Pampa en Caranza, Bosque dos Nenos (Valón), Castelo de San Carlos, ... Botando unha man aos compañeir@s da Horta Comunitaria de Caranza ou no flashmob dandolle uso ás fochancas de Ferrol).
Xa anuncian, na súa imparábel acción que o vindeiro sábado, 5 de Xaneiro de 2013, van comezar o ano acometendo a recuperación doutro espazo público de Ferrol en estado de abandono por parte do actual goberno local.
As compañeiras e compañeiros, seguen teimando na loita contra o malgasto de 916.000 euros máis, na enésima remodelación da Praza de España -onde xa se levan dilapidado moitos millóns- que pretende acometer o goberno municipal do dereitista Partido popular, con José Manuel Rey Varela como Alcalde, responsábel de facenda no mandato do tamén alcalde popular Sr. Juncal, que polo seu mal goberno houbo que pagar case oito millóns de euros de indenización á empresa Abeconsa, polo lucro cesante, ao non construír-se o ilegal macroedificio que os populares e IF pretendían edificar no medio da Praza.
No seu blogue din "Queremos transmitir ao grupo popular o noso malestar pola apatía e desconsideración demostrada face nós, pois nin tiveron a decencia de respostar-nos a un escrito entregado por Rexistro no Concello. As nosas 'represalias' virán dadas como até o de agora, deixando en evidencia o abandono e mal estado da cidade de Ferrol, e cun obxectivo común, a paralización do investimento e malgasto de 916.000 euros de carto público na Praza de España".
Desde o Colectivo Ártabra 21, queremos recoñecer a importante actividade comunitaria realizada polas compañeiras e compañeiros do Colectivo Cidadán
Enlace de moito interese:
Galería Fotográfica de Acción Directa - 33 Albúns
Blogue:
http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/
Queres participar?
Apúntate!!
correo-e:
recuperaciondeespazospublicos@gmail.com
Teléfonos:
620 312 992 - 637 567 497
Grupo no Facebook:
https://www.facebook.com/groups/444525015569821/
_________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon