Reparacion de fochas
O Grupo Municipal de Esquerda Unida congratúlase da decisión sensata adoptada polo goberno municipal do PP ao proceder urxentemente á reparación de determinadas fochas que , á vísta de todo o mundo, constituían un perigo para a seguridade de persoas e bens.
Neste sentido Esquerda Unida presentou no último pleno unha moción instando ao goberno municipal a proceder á reparación inmediata das fochas que proliferan nas nosas vías e beirarrúas. O grupo popular rexeitou a moción e mesmo o concelleiro delegado, sr. Evia, considerou que , aínda recoñecendo como mellorable o estado de cousas, se presentaba o problema como maior e máis grave do que realmente era.
Poida que si mais onte 28 de decembro, dia dos santos inocentes e ao mesmo tempo en que o Presidente Rajoy nos pedia “comprensión”, comezábase a reparar as fochas de varias vías da cidade e , en concreto, algunhas que especialmente Esquerda Unida indicou, de evidente perigo para a circulación e estado lamentable dende días e que, no pleno, o Sr. Evia explicou ou seu estado por estar “pechada estes días a fábrica de asfalto que abastecía á empresa concesionada…”. En fin..
Alegrámonos non ter que pedir por rexistro unha actuación de emerxencia que a legalidade prevé para casos de especial gravedade para a seguridade e saúde das persoas e suxerimos ao goberno municipal outra actitude para o futuro.
Por último felicitar aos colectivos sociais e asociación veciñais que foron elemento esencial para catalizar o protesto contra o malgasto e desleixo do goberno do Partido Popular en materia de obras e mantenemento de infrestructuras.
Ferrol a 29 de decembro de 2012
Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org
facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/
Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
29 de dezembro de 2012 10:31
Adxunto enviamos nota de prensa pola rectificación puntual do goberno municipal en materia de reparación e mantenemento de vias e infraestruturas. Saúdos, Grupo Municipal.
____________

Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon