sábado, decembro 15, 2012

Unha vez mais o Comité Cidadán de Emerxencia denunciou a entrada ilegal, na nosa Ría, dun buque gaseiro cargado para a ilegal e perigosa Reganosa

Tags


Onte, Venres 14 de Decembro de 2012, ante a anunciada entrada dun novo buque gaseiro, o "Hispania Spirit", o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, realizou a 132 protesta.  O "Hispania Spirit", é un buque gaseiro de grande porte con 279 metros de eslora que fixo o nº 132 desde que en Maio de 2007 entrara o "Galicia Spirit" que contabilizou como o nº 1.

As condicións meteorolóxicas adversas, anunciadas para o citado Venres, con alerta laranxa na costa, non foi impedimento para que o buque enfilara proa para dentro da Ría, poñendo en perigo unha vez máis a miles de persoas que moramos na contorna. Nen a normativa vixente, nen o sentido común, foron quen de impedir que as autoridades e capitan do buque desistira da perigosa manobra.

Xogan coa nosa seguridade e a vida das miles de persoas que padecemos a presencia da Planta de Gas que Reganosa instalou no corazón da nosa Ría. Os accidentes ocorren e unha proba é o accidente que tivo lugar na Planta de Gas de Pemex en Reynosa, estado mexicano de Monterrey. Un impresionante e moi duro vídeo inédito, onde se mostra o momento preciso en que ocorreu a explosión do Centro Receptor de Gas de Reynosa, en setembro pasado, con saldo de 31 persoas mortas e 42 feridas, comezou a circular aínda antonte nas redes sociais e que Ártabra 21 difundeu o mesmo día.

O compañeiro "Lalán"   -X. M. Rodríguez Carballeira- Coordenador do Comité Cidadán, nunha longa intervención, volveu argumentar paso a paso, as continuas ilegalidades cometidas na localización de Reganosa dentro da Ría e demandou unha vez máis a execución da Sentenza que declara ilegal a esta perigosa Planta de Gas.

Fotos de Susete'70.

  •  POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  •  CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  •  PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

___________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon