Enquisa de Poboación Activa no concello de Ferrol
ENQUISA DA POBOACIÓN ACTIVA POR SEXOS E EN RELACIÓN Á ACTIVIDADE ECONÓMICA.
- Poboación de 16 e máis anos do concello de Ferrol por sexo e relación coa actividade económica.
- Datos en miles de persoas.
- Espazo=Ferrol.
TAXAS DE ACTIVIDADE, OCUPACIÓN E PARO
- Poboación de 16 e máis anos do concello de Ferrol.
- Datos en porcentaxes.
- Espazo=Ferrol.
Definicións:
Poboación activa
Son
as persoas que, nun período de referencia dado, subministran man de
obra para a produción de bens e servizos económicos ou que están
dispoñibles e fan xestións para incorporarse a dita produción.
Comprende a todas as persoas de 16 ou máis anos que cumpren as
condicións necesarias para a súa inclusión entre as persoas
ocupadas ou paradas.
Poboación
contada a parte
Poboación
inactiva
Abrangue
todas as persoas de 16 e máis anos non clasificadas como ocupadas ou
paradas.
Os
inactivos clasifícanse segundo a súa situación persoal nas
seguintes categorías funcionais:
- Persoas que se ocupan do seu fogar.
- Estudantes.
- Xubilados ou prexubilados.
- Persoas que perciben unha pensión distinta á de xubilación ou prexubilación.
- Persoas que realizan sen remuneración traballos sociais, actividades de tipo benéfico...
- Incapacitados para traballar.
- Outra situación. Persoas que, sen exercer ningunha actividade económica, reciben axuda pública ou privada e todas aquelas que non están incluidas en ningunha das categorías anteriores.
Poboación
ocupada
Persoas
de 16 anos ou máis que durante a semana de referencia tiveron un
traballo por conta allea ou exerceron unha actividade por conta
propia, nalgunha das seguintes situacións:
- traballando polo menos unha hora por un soldo, salario ou beneficio empresarial ou ganancia familiar en metálico ou en especie
- con emprego pero sen traballar por razóns de enfermidade ou accidente, vacacións, festas, mal tempo ou razóns análogas
Poboación
parada
Persoas
de 16 anos ou máis que durante a semana de referencia estiveron sen
traballo, dispoñibles para traballar e buscando emprego. Son parados
tamén os que atoparon un traballo e están esperando incorporarse,
sempre que se verifiquen as dúas primeiras condicións.
Segundo
o Regulamento 1897/2000 da Comisión Europea, os únicos métodos de
busca de emprego considerados activos son:
- Estar en contacto cunha oficina pública de emprego co fin de atopar traballo, calquera que sexa a parte que tomase a iniciativa (a renovación da inscrición por razóns puramente administrativas non constitúe unha postura activa).
- Estar en contacto cunha oficina privada (oficina de emprego temporal, empresa especializada en contratación...) coa fin de atopar traballo.
- Enviar unha candidatura directamente aos empregadores.
- Indagar a través de relacións persoais, por mediación de sindicatos, ...
- Anunciarse ou responder a anuncios de periódicos.
- Estudar as ofertas de emprego.
- Participar nunha proba, concurso ou entrevista, no marco dun procedemento de contratación.
- Buscar terreos, locais ou material.
- Realizar xestións para obter permisos, licenzas ou recursos financeiros.
Taxa
de actividade
Porcentaxe
do número total de activos sobre a poboación total (poboación de
16 ou máis anos).
Taxa de ocupación
Porcentaxe
de ocupados sobre a poboación de 16 ou máis anos
Taxa de paro
Porcentaxe
de parados sobre o total de activos.
Nota.- Os resultados dos sete grandes concellos deben tomarse con precaución porque poden estar afectados por elevados erros de mostraxe.
Fonte: Instituto Galego de Estatística -IGE e INE.
______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon