Convocatoria do Pleno da Plataforma
A Comisión Permanente da Plataforma pola Defenda da Sanidade Pública de Ferrol CONVOCA unha Asemblea Xeral a todas as entidades que conforman esta Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrolterra para o vindeiro Mércores, día 30 de XANEIRO, ás 18 horas da no local da A. Veciñal de Esteiro.
Esta convocatoria terá por obxecto avaliar o impacto nas entidades socio-sanitarias das actuais políticas da Xunta de Galicia, análise e estudo sobre a atención ás distintas enfermidades crónicas e atención médica nesta Área Sanitaria, da situación das listas espera na Área de Xestión Integrada de Ferrol e dos Orzamentos da Xunta para esta Área Sanitaria
Orde do día:
1 .- Análise da situación actual da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferro e debate de método do seu funcionamento interno, cando se cumpren tres anos da súa constitución.-
2.- Situación actual da área sanitaria de Ferrol Afectad@s entidades Socio– Sanitarias.
3 .- PROPOSTA de convocatoria dunha Manifestación Comarcal en Defensa da Sanidade Pública para o domingo 3 de Marzo ás 12 da mañá, coincidindo coa convocada para ese día en Vigo.
4 .- Suxestións e preguntas.-
Ferrol, a 25 de Xaneiro de 2013.
- A Comisión Permanente .-
PREGA-SE AOS COLECTIVOS, ASOCIACIÓNS E OUTRAS ENTIDADES QUE CONFORMAN A PLATAFORMA QUE ENVIEN REPRESENTANTES Á ASEMBLEA PLENARIA, DADO A IMPORTANCIA DOS ASUNTOS A TRATAR,
Correo-e:
plataformadspferrol@gmail.com
Blogue:
http://plataformadspferrol.blogspot.com/
Plataforma Galega.
SOS-SANIDADE PÚBLICA
______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon