xoves, xaneiro 24, 2013

Nova Asemblea Local Constituinte de Anova-Ferrol

Tags


O pasado venres 18 de Xaneiro de 2013, celebrou-se unha nova asemblea constituínte de Anova Ferrol. Esta asemblea estaba convocada pola Permanente da organización política de esquerda nacionalista, dado que as tres celebradas con anterioridade, na práctica non foron aceptadas pola Permanente da Coordinadora Nacional, até que esta decideu tutelar a celebración desta última Asemblea. Asistiron a esta asemblea 36 persoas con dereito a voto, dun censo de 45, segundo informou Luis Eyré Diéguez - "Palleiro", responsábel nacional da organización.

As diferenzas dentro da organización debuxan dous proxectos políticos e organizativos diferentes. Por un lado a construción de Anova como unha organización para unha nova cultura política, frente as formas e estruturas dun partido tradicional; e a unidade da esquerda, consolidada en AGE, e que debería ampliar-se, fronte a o rexeitamento a ampliar e consolidar ás alianzas alcanzadas na coalición electoral.

O resultado da asemblea do venres 18 celebrada no Centro Cívico “Carvalho Calero”,  foi a elección, por 22 votos a favor, dunha Coordinadora Local, onde quedou representada a parte de Anova, vinculada ao núcleo que está liderando o proceso constituínte desde prácticas de maquinaria partidista tradicional, e que se mostran contrarios a consolidar as alianzas de AGE. As outras posicións recusaron participar na coordinadora electa.

As persoas que compoñen a actual Coordinadora Local de Anova Ferrol, resultante desta nova asemblea son: Xosé Manuel Pazo Blanco, César Xosé Manso, Xosé Lois Lois Navaza, Sabela Sánchez Trigo, Lois Rico Castro, Xosé Manuel Fontao PitaAine Lois Manso.

Foto: Asemblea Constituinte en Compostela do 14 de Xullo de 2012


Enviado por:
Inácio M. Orero

-inaciogz@gmail.com-
24 de janeiro de 2013 12:32
_________________

4 comentarios

Con Lois Rico, Manolo Pazo, Cesar Manso e a filla de Concha Trigo, pouco futuro ten Anova en Ferrol

Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

Uffff...Complicado entender o panorama pero, desde logo, moi clarificador para un proxecto que fala de ilusionar e de unir ¿non? Non nos podemos queixar: en lugar de ter unha ANOVA na comarca, temos dúas. E, por certo ¿ @s que foran elexidos nas outras reunións, son de ANOVA, de IU, ou da súa familia????

Na anterior Asemblea celebrada o 11 de xaneiro e que a Permanente non recoñeceu, pois aínda non lles daban as contas para gañar en Ferrol; esta decidiu levar adiante a actividade política de Anova en Ferrol a través da propia Asemblea e non nomear unha Coordinadora que suplantara á mesma. Foi así que só se nomearon tres responsabilidades e que estas foran rotatorias cada tres meses, con compañeiras e compañeiros voluntarios. A permanente, a través de Palleiro, impuxo un xeito de organización á Asemblea, á forza tiñan que nomear unha Coordinadora Local (Executiva) que suplanta-se á Asemblea, pois a Asemblea para eles, como bos verticalistas, só está para votar, non van a estar chamando á xente a unha Asemblea, sempre que haxa que tomar unha decisión, non vai a ser que a Asemblea pense diferente que a Coordinadora Local que xa está para pensar por todas e todos.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon