Os orzamentos da Xunta de Galicia no contemplan ningunha partida para o novo Centro de Saúde do Concello de Narón, un centro previsto no seu momento en conxunto coa Consellería de Sanidade. O Concello de Narón fixo unha convocatoria á cidadanía, apoiada por partidos políticos e sindicatos a nivel comarcal.
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol, sumou-se á convocatoria en defensa do Centro de Saúde para Narón, mais tamén no marco doutras convocatorias ás que chamaba a plataforma galega SOS Sanidade Pública e outras plataformas a nivel estatal, contra as privatizacións e o repago, en defensa da sanidade pública que estaban convocadas para este 17F.
En Ferrol Terra, a mobilización consistiu nunha concentración na Praza de Galicia, no concello de Narón, na cal se leu un comunicado demandando a construción do novo Centro de Saúde, adaptado as necesidades demográficas da zona.
Para rematar deu-se lectura ao comunicado da Plataforma que contiña as seguintes reivindicacións:
- Pola Defensa dunha Sanidade Pública, Gratuíta e Universal, para todos por igual
- Pola construción dos Centros de Saúde comprometidos: Narón, Ares, A Capela e Cedeira, así como a ampliación do Fontenla Maristany e a reapertura do Consultorio da Graña.
- Derrogación do decreto do transporte sanitario.
- Derrogación do decreto que deixa sen asistencia sanitaria aos inmigrantes en situación irregular.
- Modificación orzamentaria precisa para dotar ao Hospital Naval das melloras necesarias para o seu funcionamento ao 100%.
- Dotar ao Hospital Novoa Santos de contido asistencial pleno.
- Construción dun Centro de Referencia de Enfermidades Profesionais na Área Sanitaria de Ferrol.
- Recuperación do Plano de Mellora da Atención Primaria.
- Posta en funcionamento do Plano de Saúde Mental e Drogodependencia.
______________
2 comentarios
A pesar da moita choiva a xente acudiu a defender a Sanidade Pública.
Parabens á Plataforma en Defensa da Sanidade Pública que está facendo un grande esforzo e un importante traballo
E que importante traballo está facendo esa plataforma? Eu non o percivo¡
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon