Grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda
Alternativa Galega de Esquerda coincide co diagnóstico da delegación do Parlamento europeo sobre a alta contaminación na ría de Ferrol
A viceportavoz do grupo parlamentario, Yolanda Díaz, afirma que a planta de gas de Reganosa “é un exemplo da mestura corrupta entre política e negocios”
Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2013.- Unha delegación do Parlamento Europeo, formada por oito eurodeputados, comprobaron esta mañá á forte contaminación existente nunha ría ateigada de agresións como é a de Ferrol cos constantes vertidos de Reganosa e a falla de saneamento e que a vicevoceira de Alternativa Galega de Esquerda ten denunciado máis dunha ocasión.
O voceiro da delegación , Philippe Boulland, destacou a grave ameaza a que están sometidas as zonas de explotación marisqueira. Os membros da delegación chegaron a preguntar ás autoridades da Xunta canta xente estaba no cárcere despois de comprobar a forte contaminación. Así, o presidente da delegación nunha reunión coa delegación do Comité e das confrarías manifestou que o affaire Reganosa non podía, nin moito menos, darse por pechado.
Alternativa Galega de Esquerda insta á Xunta de Galicia e o Ministerio a que resolvan o que consideran as hipotecas que están a lastrar a ría de Ferrol como son os vertidos de Reganosa, o perigoso tráfico que supoñen as instalacións gaseiras no interior da ría e os continuados atrasos para realizar o saneamento integral da ría que impiden a actividade marisqueira. A esta grave situación súmase a ameaza que formula o ministerio de fomento coa pretención de construír uns accesos ao porto exterior que suporían a morte da enseada de A Malata.
Ao fío da visita da delegación europea a vicevoceira de AGE, Yolanda Díaz, reafirmou hoxe na pregunta formulada ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, a corrupción derivada da maridaxe entre política e negocios privados que supón a planta de gas de Reganosa. Desde AGE quere manifestar o apoio ao Comité Cidadán de Emerxencia co que seguirá a traballar para acabar coas ilegalidades e irregularidades que contaminan o affaire Reganosa.
ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA
Gabinete de comunicación do grupo parlamentario
Tania Porta e Daniel Salgado
tania.porta.bujan@parlamentodegalicia.es
daniel.salgado.garcia@parlamentodegalicia.es
prensa@alternativadeesquerda.net
twitter.com/alternativagz
Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
13 de fevereiro de 2013 22:31
_____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon