Urxente: Mércores 13 de Novembro, ás 09:45hs apoiando ao Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, nas inmediacións do Hotel Hesperia Ferrol, no Inferniño, (Cruce d'As Pias coa Estrada de Castela e Avda da Paz).
O Comité Cidadán de Emerxencia precisa da túa mobilización e compromiso para arroupar a reunión que manterá coa Delegación da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo que estes días visita Galiza e que esta noite pasa a noite en Ferrol.
A visita produce-se pola petición que este Comité realizou á Comisión de Peticións no ano 2007. Unha representación do Comité participará nun encontro coa Comisión no Hotel Hesperia de Ferrol, de 10 a 11hs da mañá do mércores.
O carácter de loita cidadá en defensa da Vida e da Ria, ten que quedar representado nunha concentración cidadá ás portas do hotel, que indique a esta Comisión, que é á cidadanía de Ferrolterra a que está comprometida na súa defensa.
É unha oportunidade para volver a insistir na perigosidade da planta, no efecto destrutivo que ten para a nosa Ría e os postos de traballo que dependen dela, e a corrupción económica e política que acompaña desde os inicios o proceso de localización, construción e funcionamento da planta no concello de Mugardos.
- POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
- CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
- PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
PROGRAMA COMPLETO DA VISITA DA DELEGACIÓN DA COMISIÓN DE PETICIÓNS DO PARLAMENTO EUROPEO (EN INGLÉS): [ACCEDER OU BAIXAR] NOS ARQUIVOS ÁRTABROS.
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
Enlace relacionado:
http://artabra21.blogspot.com.es/2013/02/o-comite-cidada-de-emerxencia-consegue.html
Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
12 de fevereiro de 2013 20:01
______________
1 comentarios so far
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2003/10/25/2104284.shtml?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon