Planta de licuefacción e regasificación en Damietta, Exipto. (Sedigas)
O maior investimento privado español en Exipto, a planta de licuefacción de gas de Damietta, atopa-se parada desde fai máis de dous meses. A partir do pasado verán, as autoridades exipcias comezaron a recortar o envío de gas á factoría, controlada por Unión Fenosa Gas (UFG), polo que a súa actividade viuse interrompida de forma intermitente desde entón. Pero desde principios de decembro de 2012, Exipto pechou a billa de forma total, reservando esta materia prima para consumo interno.
A fábrica de Damietta -situada ao norte do país- produce a gran parte do gas licuado que chega a España procedente de Exipto. As exportacións estan-se esborrallando nos últimos anos. En 2009 o país norteafricano pugnaba con Catar e Nigeria por ser o segundo suministrador deste tipo de enerxía a España, sempre por detrás de Arxelia. Naquel ano os seus abastecementos de gas representaban un 12,3% do total, segundo os datos da Comisión Nacional da Enerxía. En 2010, a cota baixou até o 7,7%; en 2011, ao 6,5,m e, segundo as últimas cifras, o ano pasado o gas exipcio só supuxo o 1,6% do conxunto.
España importa a práctica totalidade do gas que consume e aínda que, debido á crise económica, a compra de gas licuado reduciuse nos últimos anos -é máis caro que o gas natural convencional- aínda representa o 60% do aprovisionamiento desta materia prima. A escaseza de gas exipcio supliu-se cun maior fornezo a través de gasoductos desde Noruega e, sobre todo, desde Arxelia; a puxanza de Catar, líder mundial en gas licuado; e a irrupción doutros mercados, como o peruano.
Unión Fenosa Gas (propiedade a partes iguais por Gas Natural Fenosa e a italiana Eni) ostenta o 80 por cento da joint venture exipcia, que posúe a planta de licuefacción de Damietta. O 20 por cento restante controla-no dúas empresas estatais. A entidade hispanoitaliana asegura que foron estas dúas corporacións, dependentes do Ministerio de Petróleo, as que decidiron -de forma unilateral- cesar o envío de gas. As autoridades competentes consultadas polo Confidencial confirman o parón, pero evitan ofrecer máis detalles.
O xigante, que comezou a operar en 2005, supuxo un investimento total duns 1.200 millóns de euros e converteu-se nunha das xoias da coroa para UFG. Pese ás dificultades actuais, fontes da gasista afirman -rotundamente- a este diario que non teñen vontade de saír de Egipto, xa que se trata dun -activo clave.
De exportador a importador
A interrupción no envío de gas non só afecta a España. O pasado ano Exipto cortou o fornezo a Israel e Xordania, con quen comerciaba a prezos inferiores aos do mercado, grazas a acordos bilaterais con ambos países. Varios empresarios ligados a este negocio, como o millonario detido en España Husein Salem, foron xulgados por corrupción por estas prácticas. O entón ministro de Petróleo exipcio asegurou que o Goberno estaba disposto a renegociar os contratos, aínda que a prezos superiores e destinando unha cantidade menor. Nos últimos meses, estas conversacións chegaron a bo porto co Estado xordano, onde de novo volve chegar o gas exipcio.
Até agora o consumo de gas en Exipto estivo moi por baixo da produción de gas no país, exportador neto deste tipo de enerxía. Pero a finais de 2012 o titular da carteira de Petróleo sorprendeu cunhas declaracións nas que aseguraba que comezarían a importar gas natural doutros países nas próximas semanas.Desde Unión Fenosa Gas insisten en que lles suscitaron ás autoridades exipcias distintas alternativas, aínda que polo momento non houbo ningunha resposta positiva do outro lado. A compañía insiste en que a planta está lista para retomar a actividade no momento en que alcancen un acordo.
Até agora, o consumo de gas en Exipto estivo moi por baixo da produción no país, exportador neto deste tipo de enerxía. Pero a finais de 2012 o titular da carteira de Petróleo sorprendeu cunhas declaracións nas que aseguraba que comezarían a importar gas natural doutros países nas seguintes semanas. Os seus motivos son que o aumento de demanda local, os retos de crecemento económico e o cumprimento dos contratos internacionais, que esixen abastecerse dun gas natural máis barato que o que se exporta.
Desde fai meses os cidadáns sufriron cortes de enerxía e, á marxe do tirón do consumo, escóndese a sospeita de que o Goberno non quere desprenderse de todas as súas reservas enerxéticas. A venda final destes produtos está fuertemente subvencionada polo Estado. Con todo, a concesión do préstamo que o Executivo
negocia desde fai meses co FMI está condicionada a un programa para a redución do déficit público, que difícilmente escaparía do recorte nos subsidios.
A compra de gas a outros países prexudicaría aínda máis a maltrecha economía local. A Libra exipcia atopa-se nos seus niveis máis baixos con respecto ao dólar e as reservas de moeda estranxeira baixaron en picado desde a caída de Hosni Mubarak. Segundo os datos do Banco Central exipcio, as exportacións de gas reduciron-se progresivamente desde 2008. Exipto necesita vender, pero non pode, e somete-se a comprar aínda que todo sexan problemas.
Un artigo de Ismael Monzón - O Cairo | 25.02.2013
Fonte: elconfidencial.com
Enviado por:
Ferrol CAPE
-ferrol.cape@gmail.com-
25 de fevereiro de 2013 10:20
http://www.f-cape.org/
_________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon