sábado, abril 20, 2013

Día Mundial da bicicleta e Día Internacional da Terra -


Dia 19 de abril día Mundial da bicicleta e 22 de abril día Internacional da Terra


O 19 de abril celébrase o Día Mundial da Bicicleta co obxectivo de promover este medio de transporte e chamar a atención sobre os dereitos dos ciclistas.

As cidades de todo o mundo están cheas de coches. O seu uso indiscriminado xera contaminación, crea desigualdade e individualiza.

A bicicleta preséntase como un medio de locomoción alternativo económico e ecolóxico: é beneficioso para a nosa saúde en todas as idades e respectuoso co medio.

Tanto dentro da cidade coma en ámbitos rurais o uso da bicicleta é o catalizador dunha vida máis saudable nunha sociedade responsable.

Adega (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza)  na bisbarra de Ferrol anima aos cidadáns de Ferrolterra a sumarse á iniciativa de promover o uso da bicicleta, e a sumarse ás iniciativas que se levan a cabo en relación con este evento. En concreto o próximo día 21 de abril celébrase unha marcha ciclista en Caranza, promovida pola A.VV. de Caranza barrio e polo Club Ciclista Ferrol a que animamos á cidadanía a participar.

Tamén dende Adega se solicita aos concellos da bisbarra, o incremento nos puntos de uso de préstamo de bicicletas ou instalar, no seu caso, os devanditos puntos, así como facilitar a interconectividade entre os puntos de préstamo de bicicletas de diferentes concellos.

Ademáis dende Adega anímase á cidadanía a apoiar todas as iniciativas que diferentes colectivos e asociacións levan adiante estes días en conmemoración do Dia Internacional de la Terra o próximo dia 22 de abril.

Ferrol 18-4-2013. .
ADEGA-Ferrol
adegatrasancos@adega.info
angaji@yahoo.com
Fdo. Antonio García Jiménez
Vogal de Adega

Nota. Información adicional:

http://www.ite.educacion.es/es/inicio/noticias-de-interes/786-22-de-abril-dia-internacional-de-la-tierra

http://www.ite.educacion.es/es/inicio/noticias-de-interes/784-19-de-abril-dia-mundial-de-la-bicicleta

www.adega.info

Enviado por:
Antonio Gª
-angaji@yahoo.com-
18 de abril de 2013 18:15

_________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon