sábado, abril 27, 2013

Presentación en Redes de 'Betula' Asociación para a Custodia do Bosque Atántico - Hoxe Sábado 27 Presentación e mañá Domingo 28 de Abril Roteiro

A asociación BETULA de custodia do bosque atlántico inicia a súa actividade.

Hoxe  sábado 27 de abril, ás 7 da tarde, esta asociación organiza unha xornada de presentación n'A Tenencia de Redes e o domingo 28, ás 10 da mañá, un roteiro polos termos municipais de Mugardos e Fene.

Ven de constituírse nas comarcas de Ferrol e Eume a asociación BETULA para a Custodia do Bosque Atlántico, unha asociación que procura o coñecemento, a conservación e valorización do Bosque Atlántico en Galicia.

Nela xúntanse xentes preocupadas pola perda dos valores naturais do territorio galego que, primeiro, consideran insuficiente o desempeño que as diferentes administracións públicas fan das políticas medio ambientais, forestais, territoriais e urbanísticas no eido da conservación do bosque atlántico.

Ademais, son plenamente conscientes de que só dende unha ampla concienciación cidadá en torno ao coñecemento dos seus valores poderase nun futuro abordar unha xestión sustentable destes espazos de grande interese natural e paisaxístico, e mesmo patrimonial.

Para acadar estes obxectivos esta asociación usará a custodia do territorio como medio, entendida esta como o conxunto de estratexias ou  técnicas xurídicas a través das cales se implican as persoas propietarias e usuarias do territorio na conservación e uso dos valores e os recursos naturais, culturais e paisaxísticos.

Para marcar o inicio da súa actividade, o vindeiro sábado 27 de abril, a partir das 19:00hs, celebrarase un acto acto de presentación n'A Tenencia de Redes, no que se presentará a Asociación cunha disertación sobre o que é a custodia do territorio e a proxección de tres curtas documentais.

Ao día seguinte, domingo 28 de abril, desenvolverase un roteiro que discorrerá, a partir das 10 da mañá, pola marxe sur da ría de Ferrol, entre a Enseada da Barca e a Ribeira de Maniños, e pola tarde polo curso baixo do río Baa, ata a súa desembocadura no Seixo.


PRESENTACIÓN E PROXECCIÓNS


Día: Sábado 27 de abril do 2013.
Hora: ás 19:00hs.
Lugar: A Tenencia (Redes, Ares).
  • Presentación.
  • Ponencia sobre a custodia do territorio.
  • Proxeccións:
    • O monte é noso (Llorenç Soler, 1978, 33´),
    • En todas as mans (Diana Toucedo, 2012, 7´)
    • Los nuevos custodios del territorio (EFEverde, 2013, 4´)
  • Coloquio.

ROTEIRO

Día: Domingo 28 de abril do 2013.
Saída: ás 10:00 da enseada de A Barca (Mugardos).
Distancia: 9 Km. (faráse unha parada para comer).


Par contactar e máis información:

Correo-e:
custodia.betula@gmail.com

No facebook:
https://www.facebook.com/pages/Asociaci%C3%B3n-para-a-custodia-do-bosque-atlantico-Betula/455456324544942

Evento no facebook
:
https://www.facebook.com/events/289827247818227/

Anexo de interese:
Ver ou baixar un Cartaz en formato -jpg
(Con mapas da situación do local de presentación en Redes e do percorrido do Roteiro, con explicacións detalladas).

_______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon