luns, abril 29, 2013

Unha vez máis o Colectivo Cidadá 'Acción Directa pola Recuperación dos Espazos Públicos': custodiando o territorio, velando polo patrimonio, reivindicando emprego, denunciando o malgasto, ...


Desta vez a acción, do colectivo cidadá, desenvolveu-se en Serantes coa limpeza da Fonte e Lavadoiro de Xoane. Foi este Sábado 27 de Abril. No traballo comunitario, participaran nove persoas.

Segundo mesmo colectivo, ademais de "limpar de vexetación e sucidade este espazo, realizouse unha pequena roza nos arredores, así como procedeuse á limpeza dos desaugadoiros".

Continúan no seu comunicado, falando do malgasto en "resposta ao goberno municipal, que hai uns días adxudicou a obra da Praza de España por valor de 812.000 euros, comunicámoslles que facendo valer os nosos dereitos como contribuíntes dese diñeiro público que van malgastar, exerceremos unha presión activa para impedir que esa obra se execute. Pedimos a colaboración de toda a cidadanía de Ferrol para que nos axuden a parar este despropósito".

Fan mención á elevada taxa de desemprego que sinala o INE no informe da EPA (Enquisa de Poboación Activa)

"Pois ante a grave situación de emerxencia social que está a pasar toda a bisbarra de Ferrolterra, cunha taxa de desemprego do 32%, una das máis altas do estado, son unas obras innecesarias e de despilfarro".

O Colectivo menciona a creación de 'escolas taller':

"Ese diñeiro podería ser investido na creación de escolas taller de formación, en dar traballo a desempregados contratados directamente polo concello, e que estes realicen traballos de recuperación e posta en valor do noso patrimonio arquitectónico, espazos naturais, recuperación do parque público de vivendas de Recimíl, etc".

O colectivo convidan a toda a cidadanía a participar con eles na recuperación dos espazos públicos.

No blogue do colectivo atopa-se información adicional:
http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/

e-mail: recuperacióndeespazospúblicos@gmail.com

Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497

O seu blogue: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/   é un Diario que recolle a súa traxectoria, serve de difusión de próximas accións.
_______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon