mércores, maio 08, 2013

ADEGA informa de vindeiros eventos e actividades: Roteirrios polos canóns do Sil e o Mao; Terra, Mar e Xente 'Xornada sobre o Territorio; e Debate da ILP sobre o Reciclaxe no Parlamento Galego


ADEGA-Informa: Vindeiros eventos e actividades


→11 e 12 de maio: ROTEIRRÍOS 2013 POLOS CANÓNS DO SIL E DO MAO (RIBEIRA SACRA)

sil.jpg
A fin de semana do 11 e 12 de maio o Proxecto Ríos organiza o segundo Roteirríos do 2013. Desta volta achegarémonos á bacía do Sil para coñecer o seu patrimonio fluvial, as súas paisaxes e biodiversidade. O roteirríos será de dous días, a noite do sábado ao domingo a pasaremos no Albergue da Fábrica da Luz en Parada de Sil, equipamento turístico aberto recentemente ubicado nunha antiga fábrica da luz deste concello.

Entre as actividades previstas está o sábado 10 un roteiro polo Canón do río Mao, dende Forcas até a Fábrica da Luz e o domingo 11 realizarnos un percurso circular polo Canón do Sil.

O prezo da estancia é de 21€ e inclúe a cea do sábado, a durmida en liteiras e o almorzo do domingo: http://afabricadaluz.com/. O número de prazas é limitado se estás interesada/o en participar podes inscribirte por teléfono 981.57.00.99 ou por correo electrónico ( ramses@adega.info ).

PROGRAMA


Sábado 10
11.00h Comezo do Roteiro en Forcas
12.30h Baixada ao río Mao
13.30h Xantar
15.00h Continuamos o roteiro
17.30h Parada nas tumbas antropomórficas
19.30h Chegada ao Albergue
21.30h Cea
Características do roteiro do sábado: A lonxitude aprox. é de 7 km. O percorrido é moi sinxelo xa que iremos todo o tempo pola antiga levadada da Fábrica da Luz que sigue a curva de nivel (700msnm) que nos ofrecerá unhas vistas impresionantes do Canón do Mao. Abandonaremos a levada para descender até o río a comer (este será o único tramo un pouco máis complicado) e despois retomaremos o camiño para seguir até o albergue.

Domingo 11

9.00h Almorzo
10.30h Comezo do Roteiro en Parada de Sil
13.30h Chegada ao Mosteiro de Santa Cristina e xantar
15.00h Continuación do roteiro
17.00h Chegada a Parada de Sil
Características do roteiro do domingo: A lonxitude aprox. é de 12 km. O itinerario é circular e percorre varias aldeas e lugares da parte ourensana da Riberia Sacra, podendo desfrutar das vistas do Canón do Sil.
Durante os dous percorridos iranse facendo paradas explicativas sobre a zona, biodiversidade, etc.


→11 de maio, sábado: TERRA, MAR E XENTE. XORNADA EN DEFENSA DO TERRITORIO EN COMPOSTELA

alt

Data: 11 maio 2013, 10.00-19.00 horas.
Lugar: Centro de Estudos Avanzados da Universidade de Santiago de Compostela. Parque de Vista Alegre, Rúa Salvadas. Santiago de Compostela.

Organiza: BNG, Fundación Galiza Sempre e Os Verdes (Alianza Libre Europea)

PROGRAMA
:

10.00: Inauguración
  • Ana Miranda, Eurodeputada do BNG.
  • Xesús Veiga, Presidente da Fundación Galiza Sempre.
  • Xavier Vence, Portavoz Nacional do BNG.

A TERRA

10.30-11.30: Conservación, xestión e protección dos Espazos Naturais e da Biodiversidade
Modera: Ana Pontón, Deputada responsable de medio ambiente do BNG no Parlamento galego
Participantes:
  • Daniel López Vispo, Profesor. Membro de Adega.
  • Fins Eirexas, Responsable de enerxía e cambio climático de Adega.
  • Alfredo López. Membro de CEMMA (Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños).
Debate: Conclusión e propostas.

11.30-12.30: Desenvolvimento rural, política forestal, transxénicos
Modera: Tereixa Paz, Deputada do BNG, responsable de agricultura no Parlamento galego.
Participantes:
  • Xosé Alfredo Pereira, Presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común.
  • Xurxo Álvarez, Presidente de Federación Rural Galega (FRUGA).
  • Colectivos Fragas do Eume.
  • Miguel Méndez. Asociación Galega de Apicultura (AGA).
Debate: Conclusión e propostas

12.30-13.30: Problemática da minería en Galiza
Modera: Carme Adán, portavoz de Industria do BNG no Parlamento galego.
Participantes:
  • Anxo Calvo, director xeral de Industria, Enerxía e Minas da Xunta de Galiza 2005-2009.
  • Alba Nogueira, profesora de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago, experta en dereito medioambiental.
  • Pedro Alonso Iglesias, ecoloxista, biólogo, consultor medio ambiental.
  • Francisco García Trigo, Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños.
Debate: Conclusión e propostas

13.30-14-30: Pausa para xantar

A AUGA

15.00-16.30: Saneamento integral do litoral mariño e dos ríos, xestión e protección das costas e espazos fluviais.
Modera: Ana Miranda, eurodeputada do BNG
Participantes
  • Luis Rodríguez, presidente Asoar-Armega de pesca artesanal e marisqueo.
  • Serxio Regueira, Presidente da Plataforma Saneamento Ria de Vigo.
  • Manuel Cao, Patrón Maior Confraría de A Coruña-Plataforma Saneamento da Ría do Burgo.
  • Joam Luis Ferreiro Caramés, Biólogo da Confraría de Barallobre.
  • Antón Masa. Plataforma Defensa Ría de Pontevedra.
Debate: Conclusión e propostas.

A XENTE

16.00-17.30: Xestión de residuos: situación actual, Iniciativa Lexislativa Popular, alternativas á incineración e outras experiencias de fóra de Galiza.
Modera: Mar Vila, membro da Executiva nacional do BNG.
Participantes:
  • Manuel Soto Castiñeira, profesor de Enxeñería Química da Universidade da Coruña.
  • Marta Domínguez, técnico de proceso do Complexo Medio ambiental de Tratamento de Residuos Sólidos Urbanos e asimilables da Mancomunidade de Concellos do Barbanza.
  • Joan Marc Simon, director executivo de Zero Waste Europa.
  • Iñaki Errazkin, conselleiro de Medioambiente da Deputación de Guipuzcoa.
Debate: Conclusión e propostas.

17.30: Proxección do filme "Trashed", producido por Jeremy Irons, que aborda o problema da xestión de residuos a nivel planetario.

19.30: Clausura da xornada
  • Ruben Cela: Portavoz municipal do BNG en Santiago de Compostela. (pc)
  • Tania Ameneiro: Coordinadora Técnica da Fundación Galiza Sempre


→14 de maio, martes: DEBATE DA ILP DA RECICLAXE NO PARLAMENTO GALEGO

Por segunda vez na historia do Parlamento, este vindeiro martes 14 de maio a partires das 10:30h vaise debater unha Iniciativa Lexislativa Popular sobre os residuos, co obxecto de que a Xunta cumpra as leis e adique recursos á redución, reutilización, reciclaxe (3Rs) e compostaxe en troques de seguir financiando a incineración de SOGAMA.

Co respaldo de case 22.000 galegos e galegas que queremos outra política de xestión de residuos máis ecolóxica e solidaria, o voceiro da Comisión Promotora o prof. Manuel Soto Castiñeira, catedrático de Enxeñaría Química da UDC, subirá á tribuna do Parlamento a defender un ambiente máis san para todos e todas.

Acode este martes14 ao Parlamento para amosares o teu apoio á proposta e faille ver á Xunta que a incineración e o vertido que perpetra SOGAMA cos nosos residuos é, ademais de caduco, contaminante e caro, un sistema contrario ás leis que promoven a reciclaxe.

Participa na concentración de apoio fronte ao Parlamento este martes 14 a partires das 10:30h

Máis información: local nacional (981 570099),  na nosa web: www.adega.info , en Facebook e Twitter.

Enviado por:
ADEGA
-adega@adega.info-
8 de maio de 2013 19:12
_____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon