Nota do CCE sobre o accidente na boca da Ría
O accidente sufrido, o 19 de maio de 2013, polo buque cargueiro “Anna”, que embarrancou na boca da Ría de Ferrol, pon unha vez máis de manifesto os riscos de navegación na canle para buques de gran tonelaxe e a dificultade de resolver imprevistos técnicos ou meteorolóxicos. Non é este un suceso illado, senón que forma parte dunha serie de accidentes ocorridos xa no interior da Ría ou na súa canle de entrada.
Confirma tamén os argumentos deste Comité Cidadán de Emerxencia, tantas veces feitos públicos, advertindo do perigo do tránsito no interior da nosa ría de gaseiros cargados de GNL, que incumpren ademais importantes e básicas medidas de seguridade.
Se o accidente o protagonizase, en lugar dun cargueiro en lastre, un gaseiro cargado de miles de toneladas de GNL, o pánico - con toda certeza - estenderíase por toda a comarca. A poboación trataría de fuxir dunha posible explosión, ata que todas as vías de saída quedasen colapsadas. Nunca foi importante para os concellos da ría contemplar esta posibilidade e non existe por tanto ningún plan de evacuación que os veciños coñezan. Para qué alarmar? Maloserá.... total, os discursos políticos son quen de atopar argumentos para todo e ninguén se sentiría responsable...
PASO A PASO, PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA
- QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA!
- POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
- CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
- PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?
Nota.-
O buque mercante "Anna" encallou, o 19 de maio de 2013, ás 15.35 horas, na bocana de Ría de Ferrol, nunhas rocas próximas á batería de San Carlos, nunha zona moi próxima ao castelo de San Felipe, como consecuencia dun problema no servomotor | O "Anna" arribaba ao porto de Ferrol, procedente de Dinamarca, para realizar a operación de carga de máis de 2.300 toneladas de pezas de aerogeneradores | O buque, de 126 metros de eslora por 15 de manga e de 7.712 toneladas de peso morto, foi liberado das rocas pasadas as seis da tarde, apenas tres horas despois de que quedase atrapado | O buque carguero Anna construído no ano 2011 nos estaleiros Changbo Shipyard en Jiangsu de Chinesa co numero de construción 07012 de 5044 gt e 7712 dwt, foi construído por encargo da casa armadora Oldersum Shipping en Hamburgo de Alemania, con pabellon de Gibraltar, se empezo a construír o día 17 de Decembro do 2008 e terminar o día 3 de Maio do 2011.. [+ info]
Foto de Jorge Meis no Diario de Ferrol.
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
20 de maio de 2013 13:22
____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon