sábado, xullo 06, 2013

Convocada a VII Marcha a Pé Ferrol-Mugardos - Venres 19 de Xullo - Planta de Gas Fora da Ría - Peche Xa!

Tags


Venres 19 de xullo 2013, ás 17 hs. Saída do Parque Carmelo Teixeiro - Caranza - Ferrol

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca a 7ª VII Marcha a Pé Ferrol-Mugardos, co lema Peche Xa!

A Marcha, como é habitual cada ano, partirá ás 17 hs. Do Parque Carmelo Teixeiro, xunto a ermida de Caranza, e tras percorrer a Ponte de As Pías, Perlío, Barallobre, Maniños, Franza, A Pedreira e Reganosa rematará no Campo dos Carneiros de Mugardos, onde se recibirá aos camiñantes e a quen por calquera medio (bici, carro, lancha...) se acheguen, con música e merenda, coma sempre, a módico prezo.

O CCE fai un chamamento a participación e a difusión desta actividade, co ánimo de manifestar publicamente, unha vez máis, a perigosidade da Planta de Gas de Reganosa, unha ameaza constante para a vida de milleiros de persoas, a contaminación da Ría e a destrución do marisqueo e os seus postos de traballo, a ilegalidade da súa localización confirmada pola Sentenza do Tribunal Supremo e o innecesario da súa actividade pola falta de demanda (funciona ao 30% co gasoducto de Tui pechado) e polo antieconómico dos seus resultados (cústanos 60 millóns de euros/ano a toda a cidadanía).

Exixindo o PECHE XA ! Todos e todas a Mugardos o próximo venres 19

Descargar e difunde - Cartaz en pdf

PASO A PASO, PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!

10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
Información baseada na enviada por:
comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
5 de julho de 2013 15:45
____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon