Unha vez máis realizou-se unha marcha a pé, entre Ferrol e Mugardos, en demanda do "Peche xa!" da Planta de Gas de Reganosa que está instalada no corazón da nosa Ría, en Punta Promontorio, no concello de Mugardos.
O Venres 19 de Xullo saía ás 5 da tarde, desde o Parque de Caranza "Carmelo Teixeiro", esta 7ª Marcha a Pé, para lembrar os 111 días de ocupación da Casa do Concello de Mugardos, por parte da veciñanza de Meá, 111 días de permanente denuncia e protesta contra o despropósito gasista.
Foron 17 Km a pé até Mugardos, polo cese da actividade e desmantelamento de Reganosa, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a a Ría de Ferrol. Case catro horas máis tarde, as veciñas e veciños de Meá, recibían a marcha no Parque dos Carneiros, en Mugardos, onde falaron as compañeiras Luz Mariña Torrente, en representación da Asociación Veciñal de Meá, e Lupe Ces no nome do Comité Cidadán de Emerxencia.
Tres acontecementos de importancia tiveron lugar desde a última marcha, onde a novidade fora a Sentenza do Tribunal Supremo onde viña confirmar outra do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que declaraba a ilegalidade da localización de Reganosa en Punta Promontorio [Acceder a +info].
A primeira foi a visita da delegación da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo á Ría de Ferrol, onde veu insitu a localización da Planta de Gas dentro da Ría e tan próxima aos núcleos de poboación [Acceder a +info].
A segunda, a introdución do caso Reganosa, por primeira vez no Parlamento Galego [Acceder a +info].
E terceira e última novidade, a confirmación de que o Grupo Tojeiro, promotor e maior beneficiado da operación Reganosa, forma parte do financiamento opaco do Partido Popular [Acceder a +info].
Saíndo do Parque Carmelo Teixeiro en Caranza
http://youtu.be/U1o_K3E0vtg
Pasando por diante de Reganosa
http://youtu.be/R3fB7pZakDg
Intervención de Luz Marina 1
http://youtu.be/AXTzobArstU
Intervención de Luz Marina 2
http://youtu.be/XT0P3GbAmtc
Intervención de Lupe Ces
http://youtu.be/Ehubbxvhtew
Galerías fotográficas:
- Galería de Canario do Penedo no facebook.
- Algunhas diapositivas de vari@s.
- Galería de Fuco Buxán AC (59 fotos).
- QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA!
- POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
- CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
- PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Para contactar:
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
_______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon