Falar (facer tv) sen dar ordes
14 Xullo, 2013
Este é o texto co que Claudio Pato, membro do grupo promotor de Galiza Ano Cero, abriu o encontro do pasado sábado no Café Auriense.
Gracias por estardes aquí n'Auriense, neste lugar extra-ordinario.
PRÓLOGO
FALAR (facer tv) SEN DAR ORDES - GAC Galiza Ano Cero
“Como sería posible falar sen dar ordes, sen pretender representar nada nin ninguén, como devolver aos sons, as imaxes un valor de loita contra o poder?”
1. Peter Hutton contesta a unha pregunta sobre cine mar e mariñeiros:
Noite tras noite. Ao final, os ollos comezan a ver cousas que non imaxinaba que puideran ser visibles: o reflexo das estrelas na cuberta, a exposición do plancto fosforescente sobre a superficie da cabina ... Ao insistir, as cousas fanse visibles.
A idea que nos axunta ao redor de galicia ano cero trata de pensar esa multiplicidade estratificada, práctica, que alenta os medios pero que os propios medios (imos sinalar mainstream) tratan de ocultar. Esa multiplicidade estratificada que en definitiva son os nosos corpos.
Acaso nesas marxes do sistema onde a idea deconstrúe o medio no que opera e insiste no arqueolóxico da ideación de imaxes e sons, situamos a nosa estranxeiría, o noso tatexo pro-común.
2. Pois, vimos falamos de GAC - de Galiza Ano Cero.
Se acaso tatexar ao redor dunha idea, dunha práctica de acollida do común, dun canal horizontal, en código aberto, dunha rede de afectos fóra do imperio, da ordenanza, da policía.
Un proxecto. Unha ferramenta na que enganchar canda os nosos desexos, canda os vosos, nunha comunidade en construción.
“Non unha tv xusta, xustamente unha tv”
Precaria mais anamórfica, fóra do despotismo da monoforma do sistema.
Fóra de regla, desquiciada. Tatexa.
Fronte da usura informativa, da orde e da subalternidade.
E repetimos: unha práctica, un intento de poboar doutro xeito a televisión.
Fronteiriza, se acaso sen buscar respostas, á contra.
Canda outros - Asemblearia
En todo caso:
“Non vas poder quedar na casa, irmán.
Non vas poder enchufar, acender e evadirte.
Non vas poder flotar con esa droga
E correr por unha cervexa mentres hai anuncios,
Porque a revolución non vai ser televisada”
http://youtu.be/-3QQ-I-lBFY
http://www.galizaanocero.tv/
Algún vídeos:
http://www.youtube.com/user/galizaanocero
______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon