Acto lúdico reivindicativo, este Sábado 21 de Setembro, ás 18:30 hs, no 'Parque Pablo Iglesias' de Ferrol, por un outro modelo de saneamento e contra a construción, no mesmo parque público, dun mal chamado "tanque de tormentas" e polo saneamento integral da Ría de Ferrol. Acto convocado pola Comisión de Medio Ambiente da Asociación Veciñal de Recimil, ademais das entidades ADEGA, a SGHN, Verdegaia.
As organizacións ecoloxistas e a veciñal demandan outra localización para o "tanque de tormentas", cuxas obras está previsto que inicien antes de que remate o presente mes de Setembro. Pretende-se e abrir un debate sobre o modelo de saneamento que queremos para a nosa Ría baixo o lema “Saneamento sí, mais non así”.
Acto que se celebrará no Parque, cunha conferencia na que disertará o arquitecto urbanista Xosé Allegue, recital de poesía con Karloti, ... e musica e cancións con Manolo Bacalhau, ...
Enlaces relacionados de Interese:
Sitio na Rede, de información e documentación, para apoiar e facilitar, a loita e o traballo social que procura que o Sistema de Saneamento, nas marxes da Ría de Ferrol, sexa Integral. Saneamento si, mais non así!!!________________
http://ria-de-ferrol.blogspot.com.es/
O noso 'Informe' >>> Análise crítico do Proxecto de Saneamento acordado, polo Goberno, para a marxe norte da Ría de Ferrol | ALTERNATIVA ELABORADA POLA COMISIÓN DE SEGUIMENTO - GRUPO DE TRABALLO.
http://alternativa-proxecto-saneamento.blogspot.com.es/
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon