Este sábado, 7 de Setembro de 2013, comeza a cuarta edición das 'Meninas de Canido', a acción cultural, desenvolvera-se tamén o domingo 8. Foi no ano 2008 cando comezaba esta acción reivindicativa no barrio de Canido de Ferrol. "Empregando o propio barrio como soporte artístico, píntanse Meninas nas fachadas das casas abandonadas para tentar encher de cor tanta decadencia urbana. A esta iniciativa comezan a sumarse pintores durante tres edicións e actualmente unhas 180 pinturas crearon unha autentica pinacoteca nas paredes de Canido". Convertendo ao vello barrio, nun referente cultural da cidade.
A acción artística necesita un pequeno orzamento para compra de materiais que utilizan as pintoras e pintores, aluguer de equipos de son e audiovisuais, polo que quen quixer aínda está a tempo de contribuír economicamente entrando en Verkami, unha páxina web para doazóns económicas. A acción cultural, ademais da plástica, contará tamén coa danza e a música clásica.
Desde a Asociación Cultural 'Fuco Buxán', como entidade colaboradora do evento, convidan a participar nesta festa reivindicativa, colaborando e apoiando o evento. A entidade califica o envento como un "acto cultural, festivo e reivindicativo xa perfectamente consolidado, que encherá o barrio de artistas e creadores – locais e forasteiros - do mundo das ártes plásticas, da música, danza, poesía, fotografía.... e sobre todo de cidadás e cidadáns que pretenden con este xesto salientar a importancia deste barrio emblemático de Ferrol e criticar de xeito constructivo a deixadez para con él de todas as institucións".
Información baseada na enviada por:
fucobuxan
-fucobuxan@gmail.com-
3 de setembro de 2013 12:49
http://www.fucobuxan.net/
________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon