E con este foron 154 os buques gaseiros cargados con miles de toneladas de GNL, para a ilegal e perigosa Reganosa. Posibelmente que en poucos días entre outro gaseiro, para cargar GNL con destino a algún país de América do Sur, o gas que deixou hoxe o 'LNG River Niger'. É, o novo negocio de Reganosa, a especulación co gas, xogando coa nosa seguridade e vida. Utilizando a 'Planta de Gas de Mugardos' como un simple almacén de gas natural licuado, á espera dun novo comprador que deixe uns cantos millóns de beneficio. Ultimamente este proceso esta-se convertendo en habitual en Reganosa, pois, o outro negocio, para á que formalmente foi construída, non anda moi ben, o seu rendemento de regasificación está moi por debaixo dos parámetros esixidos e comprometidos.
Onte tiña lugar, tamén a 154 concentración sonora que sempre que entra un buque cargado coa perigosa mercadoría, para Reganosa, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca, para protestar e denunciar o potencial perigo de toda a operación, aumentado o perigo exponencialmente, do xa moi importante, da propia presencia da Planta regasificadora de Mugardos, no corazón mesmo da nosa Ría.
Activistas opositores á planta de gas participaron na acción de protesta, e o compañeiro 'Lalán', Manuel Angel Rodríguez Carballeira, coordenador do Comité, dirixeu-se a todas as persoas que transitaban polo peirao de Curuxeiras, cun completo e claro argumentario, do porque da nosa oposición a esta 'Planta de Gas'. A continuación presentamos unha parte da intervención do compañeiro que foi a única que puidemos recuperar de todo o gravado. Lamentamos non poder ofrecer todo o interesante discurso que centrou a situación da loita contra Reganosa, na actual conxuntura.
http://youtu.be/2nxCT7xuqhc
- QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA!
- POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
- CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
- PLANTA DE GAS PECHE XA !!
- PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.
Para contactar:
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon