En proceso de constitución unha Comisión de Seguimento para realizar un control social das iniciativas levadas a cabo polas distintas administracións relacionadas co saneamento da Ría de Ferrol. Esta Comisión deberá velar para que estas iniciativas non se contrapoñan, desvíen recursos públicos ou obedezan a outros obxectivos alleos a conseguir a recuperación integral da Ría.
As asociacións ecoloxistas ADEGA, SGHN e VERDEGAIA xunto ao Colectivo Veciñal Opositor ao 'Tanque de Tormentas' no parque público 'Pablo Iglesias', e a Comisión de Medio Ambiente da Asociación Veciñal de Recimil, realizaron unha asembleia celebrada no Carvalho Calero o pasado día 3 de Setembro. Na Asemblea na que houbo unha importante representación do movemento asociativo, tamén dos grupos políticos de ámbito municipal a excepción dos que conforman o goberno da cidade, informouse e debateuse sobre o proxecto de saneamento en execución na comarca de Ferrol (Condución de augas residuais, depuración e vertido de Ferrol), aprobado polos gobernos municipal de Ferrol e Narón, acuaNorte, Aguas de Galicia e Xunta de Galicia. Que con un elevado custe pretenden levar acabo e que todos e todas teremos que costear, un custe que non vai rematar cos vertidos á Ría, e que vai hipotecar a futura rexeneración integral da mesma.
Nesta asemblea chegouse ao acordo de crear unha 'comisión de seguimento' e un 'grupo de traballo', na que se van a integrar diversos colectivos participantes na mesma, co obxecto de iniciar un proceso de debate social de formación e información coa cidadanía comarcal, para defender unha proposta de saneamento integral real da Ría, que tenda como mínimo a separación de augas fecais e pluviais, a separación de augas en orixe e a reutilización en todo o posible das augas pluviais. Que cambie un modelo de saneamento obsoleto e desfasado. Quedou claro nesta asemblea que co actual sistema de saneamento en proxecto vanse seguir producindo verquidos contaminantes a Ría. O fin último da constitución deste grupo de traballo e da comisión de seguimento será a recuperación da ría de Ferrol, patrimonio de toda a veciñanza, fonte de riqueza e lugar de lecer ao que todos e todas temos dereito.
A partires do martes 10 de Setembro, na próxima semana, comezarán as sesións do grupo traballo que queda aberto a novas incorporacións.
Nota de URXENCIA:
Xa que o martes 10 hai unha concentración en contra do ataque a Siria que coincide coa xuntanza da comisión, pospoñemos a xuntanza para o vindeiro xoves 12 de Setembro, ás 20:30h. no mesmo sitio (rúa Euzkadi, núm.6). Un saúdo a todxs.
Para contactar:
Colectivo Veciñal
cidadansversustanquestormentas@gmail.com
ADEGA
adegatrasancos@adega.info
SGHN
ferrol@sghn.org
VERDAGAIA
ferrol@verdegaia.org
Información baseada na enviada por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
6 de setembro de 2013 12:44
_______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon