O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid ditou sentenza considerando ilegal a regasificadora do Musel (Xixón), aceptando un recurso presentado en 2008 por EQUO-Os Verdes de Asturias, contra a resolución do Ministerio de Industria que autorizaba a súa construción.
A decisión xudicial baséase no feito de que a instalación non respecta a legalidade ao estar construída a menos de dous quilómetros de núcleos habitados, incumprindo o estipulado no Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas (RAMINP).
A Planta regasificadora, xa finalizada, non foi conectada á rede por decisión do Goberno central, que o considerou innecesario, dado que non ten demanda de subministración e que as máis próximas, Bilbao e Reganosa están a funcionar moi por baixo da súa capacidade, non obstante Enagás, "está a cobrar" a amortización por "retorno do investimento" que se carga á factura dos usuarios da rede de distribución de gas.
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol congratúlase por esta sentenza, á vez que manifesta a súa sorpresa por canto o mesmo Tribunal Superior de Xustiza de Madrid ditou resolucións contrarias, polos mesmos motivos, nas demandas contra Reganosa, cuxos incumprimentos son moito máis graves:
- A distancia de Reganosa aos núcleos de poboación (Mugardos, Ferrol, O Seixo, etc..) é moito menor.
- Reganosa está practicamente encostada a un perigoso complexo petroquímico.
- Carece de Declaración de Impacto Ambiental e de Plan de Emerxencia.
- Imposiblidade de cumprimento da normativa de seguridade, caso de emerxencia, para os gaseros cargados de GNL.
- A Planta do Musel está en mar aberto, mentres Reganosa está situada no interior dunha ría cun complicado acceso.
¡ REGANOSA: PECHA XÁ !
Valoración da sentenza nos medios de comunicación:
- http://www.rtve.es/alacarta/videos/panorama-regional/panorama-regional-04-10-13/2047024/
- http://www.rtpa.es/asturias:La-Justicia-considera-ilegal-la-regasificadora-de-El-Musel_111380888348.html
- http://www.20minutos.es/noticia/1938160/0/
- http://www.elcomercio.es/20131004/economia/equo-verdes-ecologistas-exigen-201310041516.html
- http://www.elcomercio.es/20131004/economia/tribuanles-anulan-autorizacion-regasificadora-201310041348.html
- http://www.lne.es/gijon/2012/04/26/desmantelar-regasificadora-musel-llega-tribunales-madrid/1233091.html
Para contactar:
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
______________
2 comentarios
Quen decide que comentarios son acaídos ou non?
Contestación ao anónimo que pregunta:
Quen decide que comentarios son acaidos ou non?
Pois a persoa moderadora que é a que administra este Blogue. Mais, realmente, é a propia persoa que escribe un comentario, facendo-o con respecto, sen ataques persoais, nen insultos.
_______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon