A solidaridade cidadán parou esta mañá un desafiuzamento en Cabanas.
Un representante do xulgado e unha dotación de tres vehiculos da Garda Civil achegaronse á vivenda ubicada na Urbanización Los Llanos no piñeiral da Magdalena en Cabanas. Máis de medio cento de cidadáns secundaron o chamamento da asociación Ve-la luz e sentáronse pacificamente diante do domicilio de Sandra M. Diante da situación, o representante xudicial desistiu de proceder ao lanzamento pero advertiu que se poderá intentar de novo calquera día, sen aviso previo. A asociación Ve la luz explicou as circunstancias deste caso, asociado á violencia de xénero, segundo denuncian. A presidenta de Ve-la luz, Gloria Vázquez, califica o feito como a venganza do maltratador.
Sandra M. e a sua irmá herdaron a casa dos seus pais. Foi vivir a ela cando casou. Despois de casar, enganada, asinou un documento privado co seu home, no que o recoñecia tamén como propietario da vivenda. Tras denunciar malos tratos, iniciou o proceso de divorcio. Nese período o ex-home vendeulle a vivenda de xeito fraudulento a un amigo, segundo a entidade. O novo propietario ordena agora executar o lanzamento, a pesar de que está recurrida a venda por fraude.
A asociación Ve la luz fala dun caso claro de indefensión da víctima e acusa ao sistema de perpetuar o maltrato.
O ex-home está na actualidade procesado por maos tratos, pendente de xuizo. Segundo indicou esta mañá a irmá de Sandra, a ela concedeuselle a custodia do fillo que naceu na vivenda de Cabanas. Somentes ese feito, tería que valer para paralisar o lanzamento. Gloria Vázquez insiste na indefensión dos menores, víctimas tamén de maos tratos, e denuncia os lugares de encontro que denominou "pateras".
A Asociación Ve la luz anunciou esta mañá en Cabanas que encetará unha folga de fame a semana que ven ata que os fiscais non protexan ás mulleres maltratadas e aos seus fillos. O Foro Social Ferrolterra e representantes políticos de AGE, BNG e PSOE sumáronse á protesta.
Publicado en RadioFusión | 07.10.2013
_____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon