CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
NO PEIRAO DE CURUXEIRAS
BARRIO DE FERROL VELLO (NOVO HORARIO)
NO PEIRAO DE CURUXEIRAS
BARRIO DE FERROL VELLO (NOVO HORARIO)
ÁS 7 DA TARDE, DO VENRES 11 DE OUTUBRO
O gaseiro LNG 'Ribera del Duero Knutsen', é un buque procedente do Mar do Norte, con bandeira de Noruega, de grande porte, 290 m de eslora e 45,8 m de manga, 26,5 m de puntal e de calado 11.95 m. Cunha capacidade de 173.410 m³ de GNL, moi superior á permitida na normativa da Capitanía Marítima do 27 de Abril de 2007, que puña o límite en 140.000 m³ como máximo. Son miles as toneladas de GNL/LNG, para a ilegal e perigosa Reganosa. Este enorme buque ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Venres 11 de Outubro de 2013. Esta entrada, supon xa a 155, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.
Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Venres ás 7 da Tarde (Novo horario despois de pasado o verán), en Ferrol, no Peirao de Curuxeiras, barrio de Ferrol Vello.
Hai máis dun ano que se dictou a Sentenza polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel.
Tras a Sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, temos que esixir o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
- QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA!
- POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
- CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
- PECHE XA!!
- PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
9 de outubro de 2013 23:18
_______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon