ESQUERDA UNIDA DENUNCIA QUE O ALCALDE DE FERROL, CUNHA RESOLUCIÓN REPRESORA, AGOCHA POLA VÍA FALSA A DESESPERACIÓN SOCIOLABORAL LATENTE NA CIDADE.
Javier Galán, voceiro do grupo municipal, considera que a resolución pola que se limita de xeito perverso e maniqueo o acceso do público ao pleno do Concello, é unha nova fuxida cara adiante do alcalde de Ferrol, incapaz non só de resolver os problemas estruturais da cidadanía, desemprego e destrución do tecido industrial, senón de ter a mínima intención de afrontalos, ou, tan sequera, de percibilos.
“O que aconteceu nos últimos plenos foi que a cidadanía ocupou de forma ordenada e cunha protesta lexítima o espazo baleiro que deixou o alcalde de Ferrol”, di Javier Galán, “que é o que os ferroláns demandan: que o máximo representante da cidade estea á fronte das reivindicacións da cidade máis depauperada do país, encabezar a loita polo naval e polo emprego, polo futuro de Ferrolterra”.
O portavoz municipal de EU afirma que o cumio do cinismo político dunha resolución represora e antidemocrática é que, para a súa defensa, se utilicen argumentos en protección do establecido no Regulamento de participación cidadá, regulamento en que o Partido Popular nin cre nin aplica, non convoca nin ao Consello da veciñanza nin aos diferentes Consellos Sectoriais para a toma de decisión relevantes da cidade, e goberna a golpe de impulsos arbitrarios, decisións unilaterais para as que marca os tempos en función de réditos electorais e utilizando fondos europeos como reclamo para carteis propagandísticos, non xa do goberno, senón incluso do PP local.
Esquerda Unida continuará estando solidariamente ao lado de todos os colectivos que acudiron aos plenos de Ferrol, amosa a súa total oposición á implantación destas medidas represoras e coercitivas, reminiscencias de estados totalitarios e personalistas, e lamenta que o alcalde de Ferrol non sexa quen de solidarizarse cos devanditos colectivos, analizando a raíz dos problemas en lugar de tratar de agochalos mediante unha vía morta: a regulamentista.
Por último, Javier Galán indica que amedrentar á poboación con informes policiais subxectivos e co uso indiscriminado do Código Penal, pode ser que resolva un conflito persoal de vergoña política do alcalde, pero dende logo non vai resolver os problemas da comarca que non se queren afrontar e que si son a verdadeira ameaza para a cidade: desindustrialización, paro, exclusión social.
Os traballadores e traballadoras de Navantia e empresas auxiliares, Megasa, Fimo, os afectados polas preferentes, o cadro de persoal do CAMF,os afectados polos desafiuzamentos... todos os colectivos veciñais que conforman o tecido social da cidade merecían algo máis que a criminalización do PP, que aplica a mesma política de medo popular a todas as institucións que asalta coas ditaduras das maiorías absolutas, que suple a inacción política con atentados á democracia.
Ferrol, 26 de outubro de 2013
Grupo Municipal de Esquerda Unida
Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org
facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/
Enviada por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
26 de outubro de 2013 21:32
Bo día compañeir@s e amig@s: Enviamosvos a nota de prensa que o grupo municipal de Esquerda Unida de Ferrol remitiu aos medios pola que nos posicionamos perante a resolución de Alcaldía que limita o acceso aos plenos do Concello de Ferrol. Grazas e un saúdo, Secretaría de Comunicación. Consello Político Local-Esquerda Unida.
_______________

Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon