A CIG convoca para este xoves, día 14 de novembro, manifestacións en todas as comarcas contra a reforma das pensións. As mobilizacións insírense na campaña que a central sindical vén desenvolvendo para denunciar que esta reforma provocará unha redución das pensións actuais e futuras e pretende abocar á poboación á subscrición masiva de plans de pensións privados para alimentar o negocio da banca e das aseguradoras.
Durante estas semanas desenvolvéronse en toda Galiza asembleas de delegadas/os, actos de protesta, concentracións e repartos de material informativo nas empresas e nos polígonos industriais para explicar a posición da CIG respecto da reforma das pensións. Unha campaña que culminará na tarde deste xoves con manifestacións simultáneas en todas as comarcas e que terá continuidade con novas respostas de contestación social.
Para a CIG esta reforma ten un fondo calado político e ideolóxico e graves consecuencias para as pensións actuais mais tamén para as futuras. A central sindical considera que non ten xustificación algunha “porque nin no informe dos expertos -9 dos 12 vinculados á banca e ás compañías aseguradoras- se di que o sistema non sexa sostíbel”.
Horas e lugares das manifestacións

- Ferrol: 19:30 horas con saída do local do sindicato CIG na Avda. de Esteiro.
- Ourense: Ás 20:00 horas do pavillón dos Remedios.
- Pontevedra: Ás 20:00 horas da Praza da Ferrería
- Vilagarcía: 20:00 horas da Casa do Mar
- Vigo: Ás 20:00 h da Vía Norte
- Compostela: Ás 20:00 horas da Praza Roxa
- Lugo: 20:00 h da Ronda da Muralla
- A Coruña: 20:00h praza de Vigo
- Ribeira: ás 19:00 horas da Praza do Concello
Intervención da técnica de formación sindical Silvia Bermúdez
na asemblea de delegados/as da CIG de Vigo o 7/11/13.
A trama do capital contra as pensións públicas.
na asemblea de delegados/as da CIG de Vigo o 7/11/13.
A trama do capital contra as pensións públicas.
Tirado de: http://www.galizacig.com/avantar/
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon