O Consello Local de Esquerda Unida denuncia o que considera o inicio da “semana de terror” contra o comercio de proximidade por parte do PP.
Javier Galán: este é un bo exemplo da “participación” que nos ofrece o PP. Sen contar co comercio faise o calendario de obras do colector afectando á temporada de Nadal
“O desprezo ao comercio de proximidade é unha ruína para a cidade e vai ter consecuencias para o emprego máis cedo que tarde” afirma Jorge Suárez coordinador de Traballo e Economía Social.
Despois de que unha delegación do comercio local acudira á casa do Concello para presentar máis de 800 sinaturas demandando iinformación e participación para planificar conxuntamente o tráfico e aparcadoiros alternativos para paliar no posible os efectos das obras en Irmandiños cara a temporada do Nadal o goberno limítase a unha nota informativa en prensa xogando a feitos consumados.
“O comercio de proximidade ten dereito a defender os seus intereses porque ten dereitos, e eses dereitos pasan precisamente por protexer aos negocios que garanten a supervivencia de Ferrol Vello, a Magdalena e Canido” manifestaba Javier Galán a semana pasada e consideraba razoable que o calendario de obras e de servizos se tratase con praceiros e comerciantes posto que as datas de Nadal “están aí, á volta da esquina e non pode ser continuar con este xogo macabro”.
E prosegue: “O que deciamos a semana pasada está a confirmarse nesta que entra: en Pontedeume pechados no mercado, o martes aquí , a lume manso, a acabar co pouco que resiste no centro, veña o mércores a brindar non se sabe por quen no macrocentro do Boial. Por quén brindan? Polos donos das multinacionais?É unha aberración”
Da mesma opinión é Jorge Suárez :”É o inicio da semana do terror para o comercio de proximidade.Non hai máis que apoios do PP ao macrocentro comercial do Boial, onde cada subemprego creado xerará a perda de entre 2 e 2,5 empregos no centro, e iso contribuirá ao aspecto de cidade pantasma que ten Ferrol, a un desánimo colectivo que o goberno municipal pretende subsanar atallando baixo chave o acceso da cidadanía ao Concello de Ferrol. Pero hai cancelas que non son suficientes para frear a desesperación dunha cidadanía condenada a exclusión social, e máis se a resposta institucional é insuficiente ou incluso nula.
Están xogando ao samaín con nós: primeiro as cabazas de Navantia e agora o comercio de proximidade. Mortos vivintes así é como nos queren. Quizais a solución sexa tomarnos en serio o reto e sair á rúa a xogar todos xuntos neste mes de santos”.
O Consello Local de Esquerda Unida demanda unha protección real do comercio de proximidade e mercados tradicionais, que non pasa por externalizar a captación de comercios para o centro como pretende de maneira absurda o PP a golpe de talonario, malgastando os cartos públicos e impedindo a consolidación dos barrios e centro coa protección de vivendas e comercios, rehabilitación e investimentos, para evitar que o cartel de “Se aluga” pendure na entrada dunha cidade que se pecha.
Dende EU queremos suliñar que facemos nosas as demandas dos comerciantes e praceiros que solicitaron unha entrevista co Alcalde, aínda non respostada.Reiteramos que os 836 asinantes están cheos de razóns e que non foron tidos en conta á hora de executar unhas obras o que pon de manifesto o pouco respecto do goberno municipal pola cidadanía e como exhiben sen rubor os rasgos dun goberno pechado ,tecnócrata e incapaz: imposible así cambiar o o rumbo dunha cidade que precisa cohesión, emprego e participación, no canto de cerrazón, arbitrariedade e represión.
Polo tanto , Esquerda Unida esixe:
Consello Político Local de Esquerda Unida
Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org
facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/
Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
3 de novembro de 2013 14:01
Bo día, Remítese nota de prensa do Consello Político Local de EU, asumindo as reclamacións dos veciños e comerciantes do centro, reclamando información das obras da rúa Irmandiños e esixindo participación na toma de decisións. Un saúdo. Secretaría de comunicación do CPL de Esquerda Unida de Ferrol. www.euferrol.org
______________

1.- Que as obras que afectan ás rúas Irmandiños, e colateralmente afectan ao tráfico en Igrexa, dean inicio en febreiro de 2014 respectando as tempadas de nadal e san Xiao.Ferrol, 3 de novembro de 2013
2. Que durante as obras se habiliten aparcadoiros de superficie que substitúan aos que se eliminan, como o arboredo do mercado ou o muro do arsenal como aparcadoiros urxentes e provisionais.
3.- Que durante a execución das obras se manteña un carril na rúa Irmandiños, en lugar de dous sentidos na rúa da Igrexa.
Consello Político Local de Esquerda Unida
Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/
Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
3 de novembro de 2013 14:01
Bo día, Remítese nota de prensa do Consello Político Local de EU, asumindo as reclamacións dos veciños e comerciantes do centro, reclamando información das obras da rúa Irmandiños e esixindo participación na toma de decisións. Un saúdo. Secretaría de comunicación do CPL de Esquerda Unida de Ferrol. www.euferrol.org
______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon